Axenda - OcioIr a esta sección

A Cañiza concede o Titulo de Fillo Predilecto a Diego de Giraldez
Data: 18 de marzo de 2017

o Sábado 18 de marzo de 2017, o prestixioso pintor e escultor cañicense Diego de Giráldez recibirá o Título de Fillo Predilecto de A Cañiza da man do Alcalde MIguel Domínguez por Acordo do Pleno do 27/01/2017 no que foi aprobada a proposta por unanimidade de toda a Corporación Municipal.

A concesión celebrarase no Salón de Plenos do Concello de A Cañiza, ás 19h00 nun Acto Solemne

DIEGO DE GIRÁLDEZ, pintor, escultor e anatomista físico. Un dos grandes do Realismo español e mundial contemporáneo.

Coñece ao Home e á súa obra

Enlace de AMIGOS CASA MUSEO DIEGO DE GIRÁLDEZ

Acordo do Pleno do Concello de A Cañiza celebrado o 27/01/2017 polo que se outorga a concesión do Título de Fillo Predilecto de A Cañiza

 

Felicitación do Alcalde do Concello de A Cañiza


A Vila de A Cañiza atópase situada ao sur da provincia de Pontevedra. Flanqueada polos montes do Paradanta e do Pedroso, é o último pobo da provincia limitando con Ourense a través da estrada N-120  e a Autovía A-52 das Rías Baixas.

    Nestas latitudes nace o pintor Diego de Giraldez e seguramente puido influír na súa particular forma de pintar a súa contorna rural e natural. Considerado polos expertos como un inimitable retratista da natureza, ofrece a realidade do cotián con total sinxeleza, sen adorno, recorrendo aos mínimos elementos plásticos, achegando ás súas obras unha clara visión do mundo natural. As súas obras non deixan ao observador impasible, sempre desconcertan.

    Diego percorreu gran número de cidades de varios países nos que, como sabemos, é recoñecido á vez que está representado en máis de cen museos de todo o mundo. Na súa andaina profesional e persoal sempre levou o nome da Cañiza, feito que agradezo profundamente como Alcalde.

    Ademais quero aproveitar esta oportunidade para expresar a miña satisfacción persoal, así como a dos meus conveciños, por compartir esta fermosa Vila cun artista de calidades tan excepcionais, un artista que alcanzou hai xa tempo un merecido lugar dentro da pintura contemporánea española. O seu interese pola anatomía e o feito de ser o creador do Realismo NAS, que o artista traduce como a súa particular fusión entre o naturalismo, abstracción e surrealismo, avalaron o seu ascenso á primeira liña dos pintores deste século XXI.  

    Como Alcalde e veciño de Diego resúltame difícil ofrecer unha opinión obxectiva sobre o home e o artista porque estou gratamente condicionado, pero son moitas as voces que se pronunciaron sobre a traxectoria profesional e pictórica de Diego de Giráldez e sobre a súa prolífica obra que poderán admirar no seu Museo monográfico que abriu as súas portas no mes de abril do ano 2007  para orgullo de todos os cañicenses e para recreo de todos a amantes da arte.

    Nosa máis sincera felicitación.

Miguel Adolfo Domínguez Alfonso
Alcalde do Concello da Cañiza

compartir

axenda