Axenda - OcioIr a esta sección

II Gala Solidaria DIA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
Data: 24 de febreiro de 2018

24 de febreiro de 2018

A partires das 20h o Auditorio da Casa de Cultura acollerá as actuacións das agrupacións musicais de A Cañiza e os sorteos dos premios doados polos establecementos da Vila para recadar fondos e axudar á AECC.

A xornada inaugurarase ás 10 h cos encontros deportivos disputados no C. F. Augas Férreas entre as diferentes categorías da A.D. Cañiza ( ADECA).

Concello, veciños e establecementos de A Cañiza comprométense coa organización do evento

Con motivo da celebración do día mundial contra o Cancro, A Cañiza organiza por segundo ano a Gala Solidaria Concello da Cañiza 2018 co obxectivo de recadar fondos para a AECC.

A Gala, organizada pola Tenente de Alcalde e Concelleira de Servizos Sociais Ana Cerviño, ten como obxectivo volver comprometer e involucrar a todos os establecementos da Vila con doazóns exclusivas de cada comercio para sortear así como ás asociacións, clubs e grupos folclóricos do Municipio.

A Gala Solidaria inaugurarase o 24 de febreiro ás 10h00 no campo de fútbol de Augas Férreas da man da Asociación Deportiva Cañiza onde as diferentes categorías do club de fútbol disputarán varios partidos. Ao finalizar tomarán as rendas as Asociaciónes Deportiva sobre Rodas de A Cañiza e o Anpa O Chusquiño de Valeixe, ambas na disciplina de patinaxe con varias exhibicións dos alumnos no pavillón do CEIP de Valeixe e a partir das 18 h30 o Club Balonmán Cañiza pechará a quenda deportiva coa celebración do partido entre o C. B. SAEPLAST CAÑIZA e o C. B. Ou.A. R.Coruña.

 

Ás 20h00 o Auditorio da Casa de Cultura acollerá as actuacións da Asociación Furafollas de Oroso, as alumnas da Escola de Baile Muévete, da asociación Santa Cristina de Valeixe e do grupo folk Os do Cruceiro . Entre actos iranse sorteando os premios doados polos establecementos de comerciantes e hosteleiros de A Cañiza e cuxos números se poderán comprobar na web do Concello www.caniza.org.

compartir

axenda