Axenda - OcioIr a esta sección

OBRADOIRO DO BOCATA DE XAMON
Data: 13 de agosto de 2018

Luns, 13 de agosto de 2018 na rúa Oriente a partires das 17h30.

A Cañiza xa está preparada para celebrar a súa 52 Feira do Xamón cunha edición chea de actividades ao redor do seu produto estrela.

Comezamos o luns 13 de agosto celebrando o III Obradoiro do Bocadillo de Xamón no que novamente fabricaremos un gran bocadillo de 14 metros de longo.

Un ano máis cortaremos un xamón de A Cañiza nun só lisco e fabricaremos unha barra de pan xigante dunha soa peza.

 

Para ir preparando o padal antes da Feira que celebraremos o 15 de agosto, o luns 13 de agosto, na rúa Oriente, o Concello organiza o III Obradoiro do Bocadillo de Xamón coa colaboración da empresa Adega de Artesáns e o xamoneiro Víctor Burgos.

 

A partires das 17 h30 poñerase en marcha a fabricación do Bocadillo xigante de xamón, onde se tentará superar os 14 metros de barra de pan do pasado ano.

Víctor Burgos, profesional do corte de xamón e responsable do Concurso de Cortadores que se celebrará na Carballeira do Cacharado o propio 15 de agosto, será de novo o responsable de cortar un xamón enteiro nun só lisco, sen desprenderse. Xamón que irá parar á barra quente que se enfornará en público e darase a degustar a todos os asistentes.

 

Ao mesmo tempo os máis novos e tamén pequenos da casa, poderán gozar co Obradoiro de pan que tamén se abrirá á mesma hora e no mesmo emprazamento. Aprenderemos a elaborar a masa, darlle as formas máis curiosas e enfornar o pan. Toda unha actividade que grazas á enorme aceptación de edicións pasadas o Concello decidiu repetir de forma gratuíta para todos.

 

Contamos contigo.

 

compartir

axenda