Axenda - OcioIr a esta sección

VI Concurso de Carrozas de Reis 2018
Data: 06 de novembro de 2017

Formulario de inscrición para descargar

 

Dende a concellería de cultura do Concello da Cañiza, convócase o V Concurso de Carrozas participantes na “Cabalgata de Reis  2018”, consonte coas seguintes

BASES:

1.- Participantes: poderán participar cantas persoas , grupos ou entidades  o desexen, nunha única categoría, que incluirá ás carrozas participantes na Cabalgata de Reis, excepto persoas ou entidades cuxa actividade empresarial ou profesional sexa o deseño e elaboración de carrozas.

2.- Inscricións: faranse na Biblioteca Pública Municipal da Cañiza, sita na Rúa Progreso nº 21 desta vila, do 2 de novembro ao 2 de decembro de 2017, (horario : Mañás de luns a venres: de 10 a 13h. /Tardes de 16.30 a 20 h. Sábados: De 10 a 14 h.) presentando cuberto o modelo que se pode recoller na mesma biblioteca.

Para realizar a devandita inscrición será obrigatorio presentar: o nº de conducir do condutor  e unha declaración xurada onde cada representante se fai responsable dos posibles danos que se puideran orixinar, tanto aos membros de cada carroza como a terceiros, durante o desenvolvemento da actividade.

3.- Será requisito imprescindible para entrar en concurso que as carrozas sexan realizadas polos participantes, permitíndose o desfile a carrozas alugadas, sempre fóra de concurso.

4.- Tema: os temas das carrozas deberán ter relación obrigatoria co mundo infantil ou de nadal, non permitíndose  ademais, publicidade en ningunha delas,  a excepción de calquera asociación ou colectivo sen ánimo de lucro (ong, clubes deportivos,…)

5.- Materiais: os materiais e as medidas empregadas na carroza, serán de libre elección dos participantes.

A organización queda exenta de responsablilidades no caso de que algunha  carroza teña algún tipo de problemas para rematar o percorrido asignado, por causas non imputables á propia organización (por exceso de altura, de anchura ou de longura). No caso de que algunha  non faga todo o traxecto quedará sen posibilidade de optar a premio. 

6.- Subvención: todas as carrozas participantes recibirán unha subvención de 150 €, debendo realizar a xustificación da dita cantidade por medio de facturas(as cales deberán presentarse no Rexistro Xeral do concello ata o 21 de decembro de 2017). As mesmas deben ir co nome da asociación ou grupo, o seu representante e DNI, detallando a compra realizada. No caso de asociacións co nome da mesma e o CIF. Non valen tickets, só facturas.

7.- PREMIOS: Valoraranse ás carrozas mellor decoradas, a maior orixinalidade,a vestimenta de cada colectivo ou outro elemento que o mellore (son, iluminación, …), puidendo quedar desertos se así o estima o xurado.

Contía económica:       1º PREMIO: 900 €                 2º PREMIO: 600 €               3º PREMIO: 300 €

8.- Xurado: estará formado polo Alcalde da Cañiza, ou persoa en quen delegue, o Concelleiro de Cultura, ou persoa en quen delegue, o Técnico de cultura, ou persoa en quen delegue, e un  representante dos artistas locais. A concellería de cultura resérvase o dereito de elaborar os criterios e sistemas de cualificación que oportunamente se darán a coñecer aos membros do xurado, así como a facer modificacións e tomar iniciativas  non reguladas nestas bases, sempre que contribúan ao mellor desenvolvemento do concurso.

9.- Compromisos das carrozas participantes na cabalgata:

- As carrozas participantes comprométense a formar parte da Cabalgata de Reis , que se relizará o día 5 de xaneiro de 2018 polas rúas da vila.

-Todas as carrozas deberán estar no lugar que se designe como inicio da Cabalgata,  á hora que  estableza a Concellería de Cultura.

-Todas as carrozas asumirán as indicacións que durante o percorrido lles transmita o persoal de seguridade.

- A organización resérvase o dereito de establecer a orde coa que desfilarán as carrozas.

10.- Aceptación das bases: todo participante que se presente ao concurso debe cumprir todos os requisitos establecidos nestas bases, quedando fóra nese mesmo momento aqueles que non as cumpran.

11.- Decisión do xurado: A decisión do xurado será inapelable.

A Cañiza, 30 de outubro de 2017

compartir

axenda