Axenda - OcioIr a esta sección

XI Xornadas Gastronómicas do LACÓN CON PETELO
Dende: 16 de marzo de 2019
Ata: 17 de marzo de 2019

Días 16 e 17 de marzo de 2019

Durante todo o fin de semana, na gran carpa que estará instalada na Praza Maior, servirase a tapa de Lacón con Petelo a 4€uros/ración.

ademáis os establecementos hosteleiros da Cañiza ofrecerán no seus menús esta sabrosa receita acompañada de caldo, empanada e postres e viños da zona.

 

CARTEL E  PROGRAMACIÓN

A CAÑIZA CELEBRA A XI EDICIÓN DA FESTA GASTRONÓMICA Do LACÓN CON PETELO

  • Durante todo o fin de semana do 16 e 17 de marzo, organizado polo Concello de A Cañiza en colaboración coa Asociación Os Furafollas de Oroso.
  • Nunha gran carpa instalada na Praza Maior, todas as persoas que desexen visitarnos poderán degustar a tapa do lacón con petelo
  • Ademais o Concello ten previsto a apertura de varios obradoiros infantis.

 

A Cañiza celebrará do 16 ao 17 de marzo a  festa gastronómica que pecha a tempada de inverno: o Lacón con Petelo. Unha festa con sabores do pasado que pretende non só enxalzar a rica gastronomía desta zona de media montaña, senón tamén recuperar as tradicións, os oficios e a cultura musical dos nosos antepasados.

Durante ese fin de semana A Cañiza recuperará o mellor da gastronomía das décadas do 40 ao 50 do século pasado, cunha das receitas que fixeron posible a supervivencia dos cañicenses nos difíciles tempos da postguerra española: o lacón con petelo. Un prato forte, sobrio e cheo de sabor que durante os días 16 e 17 de marzo todos os que nos visiten poderán probar na gran carpa que o Concello ten instalada na súa Praza Maior.

Novamente a Asociación Furafollas de Oroso se encargará de cociñala e servila ao prezo de 4 euros con agasallo incluído en forma de cazola de cerámica. Un apetitoso aperitivo que servirá para abrir boca pero que despois se poderá completar con calquera dos menús que ofrecen os restaurantes de A Cañiza.

A carpa da Praza Maior estará ambientada na década da postguerra e nela estará instalada a cociña e o comedor. Tamén neste emprazamento se desenvolverán os obradoiros infantis de manualidades e de fabricación de pan, bicas e doces.

E como se trata de festa, non pode faltar a música tradicional a cargo dos grupos da zona Os Furafollas de Oroso, Santa Cristina de Valeixe e o grupo  Folck Os do Cruceiro. Tamén contaremos coa actuación do Grupo Ronco@folk de Ponteareas. Eles serán os encargados de amenizar esta gran festa de inverno que rematará o domingo cunha gran chocolatada con biscoitos .

O Concello de A Cañiza e os membros da Asociación Os Furafollas de Oroso, vos agardan nesta festa que despide o inverno co mellor da nosa gastronomía.

Pero qué é o petelo?

 

compartir

axenda