Cultura

ler máis INVENTARIO DE CENTROS CULTURAIS

Todas as parroquias do Municipio contan cun centro no que se desenvolven diferentes actividades culturais e sociais.

Son equipamentos de uso comunitario, de titularidade municipal, onde se organizan actividades co obxectivo de fomentar a convivencia entre os veciños a través de programas de ocio e de recreo e impulsar a súa participación nestes espazos.

Están abertos a todos o veciños das parroquias de A Cañiza.

Concibidos para o uso e aproveitamento comunitario, A Cañiza conta con 11 centros ademais da Casa de Cultura da Vila e o Centro Social de Día de A Cañiza.

ler máis BIBLIOTECA MUNICIPAL DE A CAÑIZA

A Biblioteca Municipal de A Cañiza celebra en xaneiro de 2015 o seu 4º aniversario na nova ubicación do Edificio Multiusos.

Situada no segundo andar do Multiusos, na rúa Progreso 21, conta cun fondo de máis de 20.682 títulos catalogados. Ademáis está dotada dun servicio informatizado de préstamo de libros. También conta con préstamo de DVD e dispón dunha  colección de 1052 títulos así como 85 CD.  Dende hai 6 anos tamén conta con servizo de libro electrónico que non está incluido en préstamo.

A sala de lectura e consulta está equipada con 32 postos e dispón dunha zona reservada para internet  con 8 equipos informáticos. Este servicio é totalmente gratuito.

 O persoal da biblioteca está a disposición dos usuarios para orientalos e facilitarlles o seu uso de luns a venres en horario de 10 a 13h00 e de 16h30 a 20h e os sábados de 10 a 14h00. Nos enderezos electrónicos acaniza.rbgalicia@eidolocal.es ou  biblioteca_acaniza@hotmail.com tamén son atendidas as demandas de información e consulta.

 

ler máis MUSEO DIEGO DE GIRÁLDEZ

O prestixioso pintor Diego de Giráldez, natural e veciño da Vila, abriu a súa Casa Museo no ano 2007
O Museo preside a Praza Maior da Cañiza e pódese visitar durante todo o ano pero sempre con cita previa
Para concertar unha visita poden chamar ao número 986 128 744

O pintor resérvase o dereito de concertar as citas atendendo á súa disponibilidade
Durante os meses de xullo e agosto adoita abrir todos os domingos pola tarde

ler máis EDIFICIO MULTIUSOS DE A CAÑIZA

O CONCELLO DA CAÑIZA INAUGUROU O 27 DE MARZO DE 2011 As INSTALACIÓNS DO EDIFICIO MULTIUSOS QUE ACOLLE A  BIBLIOTECA MUNICIPAL E O CENTRO XUVENIL DE LECER.

O Edificio situado en pleno casco urbano, ten a súa dirección na rúa Progreso 21 e nel están situados tamén o Centro de Formación Ocupacional homologado da Cañiza e o Centro de Día para maiores "Anxo".

   
ler máis ESCOLA DE MÚSICA MODERNA

Sede Social: Edificio Comarcal da Paradanta. Pranta Baixa. Estrada do Vieiro  Tel. de contacto: 657 878 975.

e-mail: escolamusicacaniza@gmail.com

A Escola de Música Moderna de A Cañiza divídese en dúas áreas:

-Escola Infantil de Música. Comeza a traballar con nenos-as a partir dos tres anos. Mediante cancións infantís os pequen@s traballan técnica vocal, respiración e proxección de voz, entoación de distintos intervalos, movemento, coordinación e psicomotricidade.

-Escola de Música Moderna. Aquí todo o mundo terá a oportunidade de poder estudar e gozar da música. Mediante os sistemas de estudos, se lle proporciona aos alumnos-as distintas opcións para estudar música. Dende os sistemas máis profesionais que completen a súa formación como músico e instrumentista de xeito progresivo, ata sistemas máis libres onde o alumno-a pode impoñer o seu ritmo de traballo e escoller as materias que desexe estudar.

Especialidades instrumentais: Batería, Baixo Eléctrico, Guitarra Eléctrica,Piano / Teclados

ler máis CORAL POLIFÓNICA DE A CAÑIZA

20 ANIVERSARIO da Coral Polifónica de A Cañiza. 1994 & 2014.

A Coral Polifónica de A Cañiza celebrou o 9 de agosto de 2014 o seu 20 Aniversario nunha Gala especial que contou coa presenza das Corais Queixumes do Hio de Cangas e a Coral Asociación Amigos da Música de Verín. Nesta celebración a Coral repasou a súa traxectoria coa proxección dun video no que se recordaron a todos os amig@s que formaron parte dela así como aos seus directores. O Concello de A Cañiza felicita a todos os membros da Coral pola súa labor en prol da nosa música durante estas dúas décadas.
ler máis AULA DE TEATRO

O Concello de A Cañiza estreou o 30 de outubro de 2006 a súa Aula de Teatro dirixida a todos os públicos sen límite de idade.

As clases impártense os venres de 19h00 a 21h00 nas instalacións da Casa de Cultura da Vila, en distintos horarios atendendo ás idades dos alumnos.

Todas as persoas interesadas en participar ou ampliar información poden dirixirse á Oficina de Información Xuvenil do concello de A Cañiza, no 1º andar da Casa de Cultura de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 horas ou chamando ao teléfono 986 652132

 

 

ler máis TEATRO PARA ADULTOS

Todos os venres de 21h30 a 22h45 no Auditorio da Casa de Cultura de A Cañiza

Para inscrición ou ampliar información podes chamar ao teléfono 986 66 30 69 da Biblioteca Municipal ou á Casa de Cultura 986 65 21 32