Festas

ler máis 51 Aniversario Feira do Xamón de A Cañiza

O 15 de agosto A Cañiza celebrou a 51 edición da súa  FEIRA DO XAMÓN, cita gastronómica ineludible no verán da nosa Comunidade Autónoma.

A Festa volveu a celebrarse na centenaria Carballeira do Cacharado, emprazamento que durante máis dun século foi testemuña das importantes feiras agrícolas e gandeiras de A Cañiza e os seus arredores.

ler máis Romaxes da Nosa Señora Santa María de A Franqueira

O lugar de A Franqueira acolle as antiquísimas romaxes da Nosa Señora da Fonte como tamén se coñece á Virxe. Declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia.

Moitas son as celebracións litúrxicas de carácter mariano que, ao longo do ano, se celebran na nosa Comunidade. De especial renombre é a romaxe de Primavera na honra da Nosa Señora a Virxe da Franqueira, festividade coñecida por moitos como As Pascuillas e que destaca, ademáis de polos oficios relixiosos e antigas liturxias, pola complicidade e armonía que se respira entre as xentes que participan nas numerosas peregrinacións.

ler máis Cristo da Agonía de A Cañiza. 2º Domingo de xullo

O segundo domingo do mes de xullo celébrase na vila de A Cañiza a festividad en honor do Santísimo Cristo da Agonía.

A devoción das xentes da Cañiza polo Santísimo remóntase a tempos inmemoriais. Aínda que descoñecemos a historia así como o principio do seu veneración no Templo Parroquial, si sabemos con certeza que nun principio esta festa celebrábase o Domingo da Santísima Trinidad (polo mes de maio) pero debido ás constantes inclemencias do tempo, propias desta época primaveral que impedían a saída da Procesión, trasladouse a celebración litúrgica para o 2º domingo do mes de xullo e así se vén celebrando na actualidade.

ler máis SANTA TERESA DE XESÚS, PATROA DE A CAÑIZA

A Cañiza celebra a festividade de Santa Teresa, Patroa da Vila de A Cañiza, o 15 de outubro.

O Templo Parroquial de A Cañiza custodia dúas reliquias da Santa traídas o 12 de xaneiro de 1979 do Convento de San José de Ávila por D. Manuel Salcidos González, párroco da Cañiza naquel entón. Na igrexa pódese apreciar un anaco de madeira do tronco que utilizou como almofada e un pedazo da tea da exhumación do seu cadáver no Convento de Alba de Tormes, convento onde faleceu.

ler máis IX Feira Gastronómica do Lacón con Petelo

Durante todo o fin de semana do 18 e 19 de marzo, organizado polo Concello de A Cañiza en colaboración coa Asociación Os Furafollas de Oroso. 

Nunha gran carpa instalada na Praza Maior, todas as persoas que desexen visitarnos poderán degustar a tapa do lacón con petelo 

 Ademais o Concello ten previsto a apertura de varios obradoiros de oficios tradicionais onde poderán participar nenos e adultos

ler máis 50 FEIRA DO XAMÓN DE A CAÑIZA. 15 de agosto

A Cañiza celebrou o 15 de agosto de 2016 a 50 edición da súa feira máis coñecida: A Festa - Feira do Xamón. 

A xornada gastronómica comezou a partires das 11,00 da mañá coa saída da Comitiva do xamón desde as portas da Casa Consistorial de A Cañiza. O desfile estivo presidido polos típicos carros do país guiados por bois, seguidos de mozos ataviados con traxes rexionais, quen, á súa vez, portan algunhas das bandexas de xamón. Todos eles acompañados por un grupo folclórico e polos centenarios cabezudos da Vila dos que xa existía constancia no ano 1902. A comitiva desfila polas rúas de A Cañiza ata chegar á Carballeira do Cacharado , onde, desde as 11 da mañá, pódense adquirir, nunha palloza cuberta de colmo, os tikes que dan dereito á degustación das diferentes tapas de xamón postas á venda.   A Feira do Xamón de A Cañiza tamén foi declarada pola Xunta de Galicia como Festa de Interese Turístico da nosa Comunidade Autónoma.

Consulta neste enlace toda a programación e información de interese

ler máis Festas, Feiras gastronómicas e Romaxes


Ao longo do ano a vila da Cañiza acolle numerosas celebracións lúdico-festivas, eventos gastronómicos, festas parroquiais e romaxes litúrxicas. Pero de todas elas as máis relevantes son as Romaxes da Nosa Señora a Virxe da Franqueira e a Feira do Xamón da Cañiza. Despois lle siguen en importancia a festividade do Santo Cristo da Agonía da Cañiza, a festa de Santa Teresa de Xesús, Patrona da Vila e a Romaxe da Peña de Francia, na parroquia de Parada.