FestasIr a esta sección

51 Aniversario Feira do Xamón de A Cañiza

O 15 de agosto A Cañiza celebrou a 51 edición da súa  FEIRA DO XAMÓN, cita gastronómica ineludible no verán da nosa Comunidade Autónoma.

A Festa volveu a celebrarse na centenaria Carballeira do Cacharado, emprazamento que durante máis dun século foi testemuña das importantes feiras agrícolas e gandeiras de A Cañiza e os seus arredores.

 

 

BENVIDA do Alcalde, Miguel Domínguez

A Festa - Feira do Xamón de A Cañiza cumpre 51 anos. Unha longa traxectoria percorrida por un extraordinario grupo de homes e mulleres desta terra que puxeron a súa ilusión e empeño en ofrecer e dar a coñecer a turistas e visitantes o mellor de A Cañiza : o noso xamón. E a súa perseveranza foi tal que hoxe os cañicenses temos o pracer de celebrar o seu 51 Aniversario. Toda unha honra que queremos compartir convosco, cos amigos e veciños, turistas e visitantes, emigrantes e estranxeiros sen cuxo apoio e participación non sería posible cumprir esta nova edición.

A todos benvidos. E benvidos tamén aos novos amigos que hoxe visitades A Cañiza e a nosa festa por primeira vez. Espero, en nome de todos os cañicenses, que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como “a Terra do bo xamón en Galicia”. Estou seguro de que os nosos hostaleiros e restauradores saberán atendervos con esmero e profesionalidade e que porán todo o seu empeño niso, do mesmo xeito que nós, desde o Concello, principal organizador das festas, poremos toda a nosa ilusión e traballo en conseguir organizar unha gran edición.

Para conmemorar esta celebración preparamos unha completa programación, do 12 ao 15 de agosto, deseñada para satisfacer todos os gustos e dirixida a todos os públicos. Música, cursos de corte de xamón e cata de viños, obradoiros de xamón e de pan, espectáculos infantís, exposicións, concursos literarios e de poesía forman parte desta selecta programación que poderás consultar neste enlace.

O noso obxectivo para este 51 aniversario non é outro que ofrecer a mellor das festas e traballar para que todos os que nos visiten nestes días nos recorden con agarimo e volvan á  nosa Vila. Este é o noso reto. Se o conseguimos todo o esforzo e dedicación pagará a pena.

Un gran saúdo e benvidos de novo

 

Cartel histórico da Feira do Xamón  na súa 51 edición

Cartel das verbenas.12, 13 14 e 15 de agosto de 2017

actuación MITIC  EL ESPECTACULO TOUR 2017

Cartel do concurso de cortadores de xamón

Enlace libro XAMÓN DE A CAÑIZA. 50 anos de Feira

 

15 agosto 2017

Carballeira do Cacharado de A CAÑIZA.Travesía da Feira

A 200 m. do acceso da Autovía A-52 Rías Baixas

Declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia

 

A Cañiza celebra a súa 51 FEIRA DO XAMON  o 15 de agosto nunha xornada que por 4º ano ofrecerá tamén xamón cortado a man. Este ano celebrarase a 4ª Competición de cortadores profesionais de xamón

Todas as racións de xamóns cortadas no concurso destinaranse á venda, polo que está garantizado o sabor e a frescura deste exquisito produto.

O concurso estará organizado polo cañicense Víctor Burgos, especialista de corte xamoneiro

Comezará ás 11,00 horas no mesmo recinto de celebración da Feira, na Carballeira do Cacharado e contará coa participación de máis de 30 cortadores.

 

XORNADA GASTRONÓMICA a partires das  11h00

 11:00. Venda de tikets para adquisición das distintas racións elaboradas con xamón:

* Xamón curado con pan e viño ou refresco

* Xamón asado con pan e viño ou refresco.

* Xamón Cocido ao viño tinto con pan e viño ou refresco.  

* Empanada  de Xamón con pan e viño ou refresco

* Tortilla de Xamón con pan e viño ou refresco.

Prezo das racións: 5,00 euros para calquera especialidade.

Con motivo do 51º Aniversario con cada ración regalaremos un pano conmemorativo e unha rifa que dará dereito a participar no sorteo de 2 xamóns durante a xornada da mañá do 15 de agosto.

 

 

11:00.  Comezo da competición de especialistas de corte de xamón

12:00 a 13:00.  Comeza a actuación do grupo cañicense de Folck  “Os do Cruceiro” na Carballeira do Cacharado

12:00. Desfile da Comitiva encabezada polos centenarios “Cabezudos”  da Vila, os carros típicos guiados por unha parella de bois, o Grupo Folclórico e Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe  e os pequenos da localidade ataviados cos traxes rexionais portando as xa consagradas bandexas de xamón (desfile dende a Casa Consistorial (r/Oriente, 11) ata a Carballeira do Cacharado. 

 

 13:00.  Saúda de autoridades e recibimento aos asistentes á Feira. 

- Entrega de premios dos concursos de Narración,  Pintura e Fotografía “51 Aniversario Feira do Xamón da Cañiza”.

- Entrega de premios  aos gañadores do concurso de cortadores de xamón

- Actuación a cargo do Grupo Folclórico e Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe. 

18:00. Pasarrúas e actuación na Praza Maior da Vila

19:15. Espectáculo de animación infantil na Rúa Oriente

Verbenas musicais ata a madrugada a cargo  do grupo M3 e a extraordinaria actuación M I T I C  EL ESPECTACULO TOUR 2017

 
compartir