Formación /actividadesIr a esta sección

CURSO DE ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA MAIORES

A partires do mes de Xuño de 2016. Todos os martes e xoves ata o mes de decembro.

Organizado polo Concello de A Cañiza e o Centro de Dïa Anxo.

Dirixido aos veciñ@s maiores de 60 anos

 

Programa destinado a persoas maiores de 60 anos co obxectivo de:

1.- Promover o envellecemento activo

2.- Mellorar a calidade de vida 

3.- Salientar as relacións sociais entre os maiores

 

O PROGRAMA INCLÚE:

- Talleres artísticos

- Talleres dos sentidos

- Taller "Pon en Marcha a túa mente"

-  Fisioterapia Menor

 

para ampliar esta e outras informacións poder achegarte ata o CENTRO DE DÍA ANXO, situado na planta baixa do Edificio Multiusos ( rua Progreso 21) ou chamar aos números de teléfono 986 652 451 - 639 981 951

 

Qué é o envellecemento activo

A Organización Mundial da Saude define el envellecemento activo como o proceso no que se optimizan as oportunidades de saude, participación e seguridade a fin de mellorar a calidade de vida das personas a medida que envellecen. O envellecemento activo permite que as personas realicen o seu potencial de benestar físico, social e se centra nas persoas maiores e na importancia de dar unha imaxe pública positiva deste colectivo.

A proporción de persoas maiores crece en todo o mundo máis rápidamente que en calquera outro tramo de idade, producíndose un envellecemento acelerado da poboación e un aumento da esperanza de vida.

Este aumento da esperanza de vida é fruto das políticas sociais e sociosanitarias e do crecemento socioeconómico e implica un replantexamento de conceptos e propostas por parte da sociedade: trátase dun reto que soamente se podrá afrontar con información e programas específicos sobre envellecemento activo e a través da promoción dunha imaxe positiva das persoas maiores, de incrementar o seu rol activo e de que o seu valor redunde noutras xeracións.

O envellecemento activo pretende mellorar a calidade de vida das personas a medida que envellecen, favorecendo as súas oportunidades de desarrollo par aunha vida saudable, participativa e segura. O Envellecemento activo implica entender esta etapa da vida como un ciclo máis de crecemento persoal, engadindo "vida aos anos e non soamente anos á vida" 

Para isto, é necesario apoiarse no desenvolvemento de hábitos de vida saudables, físicos e mentais, a formación a través de recoñecemento de capacidades e competencias, a promoción da igualdade de oportunidades, o fomento da autoestima e a participación das persoas maiores na sociedade, dende a súa experiencia, formación, valores, incidindo no papel da familia e a comunidade. O Envellecemento activo susténtase sobre perspectiva de xénero e a interxeneracionalidade, favorecendo a igualdade de oportunidades e a autonomía persoal.

 

 

 

compartir