Formación /actividadesIr a esta sección

Curso de Linguaxe de Signos

Coordinado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

Data inicio: 24 de febreiro de 2015

Data finalización: 28 de maio de 2015

curso de 60 horas e equivale a nivel A1

O nivel A1 distingue a aprendizaxe da lingua de signos segundo a idade: alumnos maiores de 16 anos e outro de alumnos de educación primaria.

Para a conversación co usuario, mínimo de 30 horas de formación (Nivel Usuario Básico A1.1) , é moi básico, os contidos son: Saúdos, presentación, números, familia, profesionais...

Para completar o nivel A1 o curso ten que ser de 60 horas, , adaptados ao Marco Común Europeo de referencia para as linguas.



O Curso está coordinado pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia)

Estes cursos forman parte da Rede Estatal de Ensino das Linguas de Signos Españolas, liderada pola CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas), o que permite obter unha titulación con validez en todo o territorio nacional.


Si queres obter máis información sobre o curso ou saber como podes participar ponche en contacto connosco no número de teléfono da Casa de Cultura da Cañiza: 986 65 21 32 ou no 986 66 30 69

  Calendario lectivo 2015.pdf
compartir