Formación /actividadesIr a esta sección

CURSO SOBRE MARCA PERSOAL E IDENTIDADE DIXITAL (Informática)

25 de febreiro de 2016

de 17h00 a 20h00

Temática: Tendencias tecnolóxicas

organizado por AMTEGA

Marca persoal e identidade dixital. Incidencia sobre o emprego

Tipo de actividade: Obradoiros / Seminarios de formación

Sala: Aula Cemit da Cañiza, sita na Casa de Cultura da Cañiza.

 

Programa:

  • Marca persoal e identidade dixital.
  • O inicio da identidade profesional na rede: o papel do correo electrónico.
  • Ferramentas para o posicionamento profesional na rede.
  • O Employer Branding como estratexia competitiva: o papel da diversidade nun mundo global co coñecemento no centro da actividade económica.

 

Destinatarios:

Dirixido a responsables e profesionais de RRHH e, en xeral, a todas as persoas que consideren que o talento, o saber facer das persoas, é un elemento clave na súa actividade profesional ou para a actividade da súa organización

 

Descrición:

A contorna dixital debuxa un escenario para a actividade económica caracterizado polo valor diferencial do coñecemento, do talento, que non é outra cousa que o coñecemento en acción. Neste escenario dixital e global as persoas precisan amosar o seu saber facer para o seu desenvolvemento profesional. As organizacións necesitan resultar atractivas para atraer e reter o talento que marca diferenzas estratéxicas e competitivas.

 

 

IMPARTE

 

D. Xosé Alberte Cea

Xose Alberte Cea Rodríguez leva vinte anos traballando no mercado laboral sempre relacionado coa formación, o desenvolvemento profesional, a promoción de eventos e, en xeral, con todo o que refire ás persoas e ás  organizacións. Ten traballado como técnico en distintos proxectos de investigación sobre estes temas, exerce como orientador laboral e conta con experiencias como titor, formador, relator, promotor de eventos de networking e impulsor de proxectos de emprendemento. Desde a difusión das TIC e a popularización de internet, unha gran parte do seu traballo está centrada no impacto que estes cambios están producindo no mercado laboral.

 

Nos últimos anos a súa habitual actividade de orientación profesional vese acompañada de relatorios e de participacións en seminarios, xornadas e eventos. As súas intervencións céntranse nos cambios no mercado de traballo, nos procesos de busca de emprego, nos procesos de selección de persoas e no desenvolvemento profesional na sociedade dixital. Moi interesado no novo escenario do mercado de traballo que debuxa a economía dixital, trata de contribuír á súa difusión sempre que ten oportunidade.

 

 

INSCRICIÓN: no enlace

 

https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/16227

compartir