Formación /actividadesIr a esta sección

CURSOS ACTÍVATE

A Deputación de Pontevedra oferta un CURSO DE XARDINERÍA

As solicitudes para poder participar están dispoñibles nas oficinas do Concello ata primeiros de setembro

Curso de 40 horas de duración con diploma acreditativo

 
 

O colectivo máis novo da provincia atopa neste programa accións formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre. Deste xeito poténcianse movementos de participación e cooperación social, mellórase a formación básica da mocidade na comunidade, promóvense espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorécese a súa incorporación ó mercado laboral.

Poderán presentar o acordo de adhesión ó programa todos os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

Estas accións formativas terán como destinatarios principais os mozos de 16 a 35 anos de idade, empadroados no concello solicitante, desempregados ou non, e durarán 40 horas. Tamén poderán ser beneficiarios do programa mozos doutros concellos así como as persoas interesadas aínda que non cumpran o requisito de idade (consultar a base terceira "Beneficiarios" e a base sétima "Procedemento de concesión").

Deberá haber un mínimo de 15 participantes por obradoiro. O máximo virá estipulado no catálogo, dependendo da actividade de cada un.

  

Relación de obradoiros concedidos ós concellos adheridos ó programa Actívate 2015

Formulario de solicitude que cada participante deberá presentar no Rexistro do Concello correspondente xunto coa copia do DNI

Os prazos de inscrición, as datas e os horarios nos que se impartirán os obradoiros estableceranse desde cada un dos concellos adheridos.

Antes de presentar a solicitude no Rexistro deberá poñerse en contacto cos Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra ou dirixirse á persoa do concello responsable do programa.

compartir