Rutas

ler máis Os sendeiros de A Cañiza: unha Vila entre dúas montañas

Si a comunidade galega é terra de frondosos camiños, A Cañiza non se queda á zaga. Por ser zona de interior, lugar de paso, de tránsito desde a meseta ata o litoral, sempre contou con importantes viales que co paso do tempo, o progreso e o advenimiento das novas infraestructuras terrestres, que esixían acurtar distancias e eliminar accidentes orográficos no seu percorrido, relegaron a estes carreiros a un segundo plano, quedando na maioría dos casos cubertos polo esquecemento.

A Cañiza: un percorrido polos seus sendeiros

ler máis XANDAINAS RUTAS DE SENDEIRISMO

Descubre os sendeiros naturais e a gastronomia de A CAÑIZA

Organizado por Espazio Natura

A actividade inclúe guia especialista, bocadillo de xamón ou queixo, seguro de RC e moita natureza. 

A Xandaina é unha actividade que se desenvolve o 2º fin de semana do mes dende setembro a maio.

ler máis Sendeiro das Fragas e Levadas do río Calvo e do Deva

A Cañiza conta cun extraordinario tesouro paisaxístico que paga a pena percorrer. Un exemplo é este sendeiro na parroquia de Parada. Consulta a ruta e descubre cómo chegar.

ler máis Camiño do Vento. Un percorrido polo Monte Pedroso

 

A Comunidade de Montes de Ribadil de Oroso, acondicionou  no ano 2004 un novo carreiro coñecido como “O Camiño do Vento” que nunha hora e cuarto permite coñecer un pouco máis de cerca o parque  eólico do Pedroso, pero sobre todo gozar do monte. Esta ruta de catro quilómetros e medio por pistas de terra, iníciase a unha altitude próxima aos 750 metros, chegando a alcanzar, a metade do camiño, os 900. O percorrido non deixa indiferente ao caminante.

Si interesante é o carreiro, o panorama que se divisa desde o alto destes molinos aínda o é máis, aínda que os turistas ou senderistas máis atrevidos que visiten o monte e o parque, terán que contentarse con imaxinalo porque non está permitido o acceso.

ler máis Camiño da Raíña: de O Burgo -A Franqueira

O Sendeiro da Raíña, máis coñecido como “Camiño da Raíña” é un dos máis importantes e antigos carreiros de Galicia e tamén deixou a súa pegada por terras cañicenses.

A finais do século XI e principios do XII por este carreiro viaxaba a Raíña Doña Urraca I de León e de Castilla que desde terras de Castilla sempre facía un alto no antigo e desaparecido mosteiro da Franqueira cando viaxaba a Galicia para visitar as súas propiedades xa que tamén era Condesa de Galicia.

O carreiro da Raíña foi vía principal de comunicación desde a Idade Media ademais de converterse nunha importantísima vía comercial que servía de nexo entre os portos pesqueiros do Atlántico e as terras do interior.

ler máis Ruta dos Muiños de Petán e Deva

Os muiños de auga foron sen dúbida un dos inventos preindustriales máis sofisticados. Na idade media, as xentes da Cañiza desenvolveron unha necesaria facenda muiñeira aproveitando os centos de correntes de auga que discorren polo seu territorio, procedentes sobre todo do río principal: o Deva. Por iso a recuperación destas edificaciones tradicionais, que constitúen un dos legados máis representativos da arquitectura popular galega de séculos pasados, serven para ampliar os nosos coñecementos e participar da sabedoría dos nosos antepasados.

Rutas turísticas como a dos Muiños de Petán e Deva recórdannos que outrora estas modestas instalacións eran unha das principais fontes de abastecemento para os lugareños.
 

ler máis RED NATURA. Espazo natural protexido

É unha rede de espazos naturais de alto valor ecolóxico a nivel europeo. Esta rede ten por obxetivo a de garantir a supervivencia, a longo prazo, das especies e  hábitats europeo máis valiosos e ameazados.

En Galicia forman parte desta rede 59 LICs (Lugares de importancia Comunitaria) e 14 ZEPAs (Zonas de especial proteción para as aves).

  O Concello de A Cañiza conta cun tramo duns 2 km de lonxitude, cuxos marxes están totalmente desbrozados e acondicionados para camiñar. Dende o límite de Crecente río arriba podes chegar ata a Ponte da Vía Romana de Noceifas, a xoia máis antiga do noso patrimonio arquitectónico.