Heráldica, escudo, bandera

ler máis Heráldica do Municipio da Cañiza

Historia do Escudo e Bandeira de A Cañiza:

Buscando na historia da Vila, nun estudo que elaborou para o Concello da Cañiza no ano 1973 o Director do Museo Cronista da Provincia, Don José Filgueiras, atopáronse antecedentes sobre o escudo de armas da Cañiza. Grazas a este traballo púidose pescudar que na colección de vellos escudos municipais que posuía a entidade aparecía un cuño, en tinta graxa, de finais da primeira metade do século XIX, coa lenda “Alcaldía Consti.Cañiza” con árbore de copa hemiesférica moi tupida, que podería ser un carballo, terrasado. Neste estudo tamén se recollía que na pág. 494 do tomo “Pontevedra” de Gerardo Alvarez Limeses e en óbraa “Xeografía Xeral do reino de Galicia” dirixida por Carreiras e Candí, no ano 1.936, aparecía como escudo da vila unha balanza da xustiza. Naquel entón, fai 35 anos, este último tema heráldico descartouse e a Corporación Municipal da época propuxo utilizar como escudo “un carballo de sinople, hojado e terrasado do mesmo sobre campo de argent”. Naquel ano o Concello utilizaba aínda e indebidamente o escudo nacional. Esta foi a última vez que se adoptou escudo institucional.

ler máis Escudo do Concello da Cañiza

Descripción heráldica do Escudo de A Cañiza:

De plata, un carballo terrasado de sinople, hojado y frutado de nueve bellotas de gules; bordura jaquelada de gules y plata

ler máis Bandeira do Concello da Cañiza

Descripción de la bandera:

"A Cañiza - Bandera. Paño verde con una franja vertical de blanco en el tercio del centro y, en esta, un carballo de verde hojado y frutado de nueve bellotas de rojo".