Novas

ler máis O Punto Limpo de A Cañiza cumpre 10 anos
Data de publicación: 18 de setembro de 2017

A instalación abriuse a finais de 2007 e xa leva recicladas máis de 1000 toneladas de residuos NON ORGANICOS.

Situado na 3ª fase do Polígono Industrial, na marxe dereita da estrada N-120, dirección Ourense, permanece aberto de luns a venres en horario de 8h00 a 15h00.

Esta instalación ten por función servir aos veciños como centro onde poder depositar voluntariamente os residuos NON orgánicos que non se poden valeirar nos contenedores verdes de lixo.

ler máis O Alcalde reúnese coa Conselleira de Infraestruturas para abordar os problemas de transporte público
Data de publicación: 16 de setembro de 2017

Nesta reunión estudiáronse as modificacións no servizo de transporte público por carretera que cubre as liñas de A Cañiza pola N-120 tras a entrada en vigor do novo Plan de transportes en Galicia.

ler máis A Cañiza inicia os traballos de elaboración do inventario de camiños e bens municipais
Data de publicación: 14 de setembro de 2017

Nestes días comezarán os traballos para a elaboración do inventario de vías públicas e mobiliario municipal que se verá completado coa realización dunha revisión da numeración municipal.

O novo inventario poderase manexar a través dun programa informático no que estarán soportados todos os bens municipais e camiños. 

ler máis O Concello pon en marcha un proxecto de sinalización integral do Municipio
Data de publicación: 08 de setembro de 2017

Neste mes de setembro quedarán finalizados os traballos de mellora de toda a sinaléctica  vertical que vertebra o Concello de A Cañiza, aproveitando a ocasión para unificar os deseños e imaxe corporativa e corrixir os defectos existentes ata o de agora.

ler máis Saída Cultural á Ribeira Sacra. Domingo 24 de setembro
Data de publicación: 06 de setembro de 2017

prezo: 37 €/ persona

Para os pensionistas ou xubilados empadroados na Vila: 25€
Prazas Limitadas: 105 prazas
Se tes interese podes achegarte ata as oficinas xerais do Concello e informarte ou inscribirte.

393 artículos - página 1 de 791 2 3 4 5 »
axenda