DATO QUE RECOLLE A CONTA XERAL DE 2019 APROBADA POLA CORPORACIÓN MUNICIPAL O PASADO 29 DE DECEMBRO DE 2020
Segundo manifestacións do Alcalde “por desgraza, esta é a triste realidade que XA É INCUESTIONABLE e que así se reflicte no documento oficial da Conta Xeral de 2019.
A conta anual de 2019 aprobouse definitivamente no Pleno extraordinario celebrado o pasado 29 de decembro de 2020, cos votos en contra do PP.
A conta lanza uns datos moi preocupantes que coinciden plenamente co informado desde a Alcaldía durante este ano e que fai referencia ao malgasto e falta de rigor no manexo das contas de anos anteriores.
Todo o que se comunicou desde a Alcaldía ata o momento corrobórase coa Conta Xeral 2019, un documento conformado por un Funcionario Habilitado Nacional, o Interventor, que valida todo o devandito ata o de agora, sen que sexa cuestionable.
SOAMENTE NA PARTIDA 4130 APARECEN 2.639.502,11 €uros
A Partida 4130 é a partida á que van parar todas as facturas que non contan con retención de crédito e por tanto non están orzadas ou non teñen ningún tipo de expediente administrativo.
A Conta reflicte tamén unhas obrigacións pendentes de pago de 1.354.616,36 €uros (esta é a suma das facturas que si están correctamente tramitadas, pero seguen sen pagar).
Sumados estes dous conceptos lanzan a cifra demoledora de 3.994.118,47€ de débeda.
Ademais a Conta 2019 reflicte outra irregularidade: Na partida 555 recóllense pagos feitos sen ningún tipo de tramitación: un total de 1.116.580,01 €.
A Alcaldía anterior herdou unha débeda da súa antecesora de menos de 400.000 €uros en facturas pendentes de pago. Unha cifra que contrasta fortemente cos máis de 4 millóns de €uros de débeda herdada por Luís Piña da anterior Alcaldía.
Segundo palabras do actual Alcalde “os 8 anos da anterior Gobernanza deixaron o barco no fondo do mar”.
Todo iso lanza un exercicio contable que supera os 5 millóns de euros de débeda. Unha situación moi complicada que obriga ao actual goberno a asumir a gobernanza con moitas dificultades para conseguir aforrar e á vez manter os servizos básicos municipais.
“Segundo manifesta o Alcalde quédannos anos de sacrificio pero estou convencido de que imos saír adiante”.