NovasIr a esta sección

A Cañiza celebra o Día da Muller Traballadora
Data de publicación: 08 de marzo de 2018

Poñendo en marcha as actividades do proxecto “ Tecendo Redes cara a Igualdade”, coordinado polos Servizos Sociais do Concello a través do Servizo de Educación e Apoio ás Familias.

Este luns, 5 de marzo impartiuse o primeiro obradoiro baixo o título “ Mocidade e Igualdade: fomentando relacións afectivas sans” e estivo dirixido ao alumnado de Formación profesional do IES da Cañiza.

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de A Cañiza inicia un ano máis as actividades que forman parte do proxecto Tecendo Redes cara a Igualdade no que se recollen as actuacións de carácter socioeducativo que se celebrarán ao longo de todo o ano para sensibilizar en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.

A primeira actividade deste proxecto tivo lugar o luns 5 de marzo, dirixido aos alumn@ s de FP do IES A Cañiza e estivo presentado pola Tenente de Alcalde Ana Cerviño.

Este obradoiro impartirase todos os luns do mes de marzo e nel abordaranse temas desde unha óptica socioeducativa sobre os estereotipos e roles de xénero, mitos románticos, relacións saudables de parella e habilidades de comunicación asertiva para a solución adecuada de conflitos.

Con estes obradoiros preténdese sensibilizar sobre todas as cuestións vinculadas á equidade de xénero, previr condutas e comportamentos entre a poboación máis vulnerable e potenciar a transmisión de valores sociais como a tolerancia, respecto, defensa dos propios dereitos e a igualdade.

compartir

axenda