NovasIr a esta sección

A Cañiza presenta en ExpoOurense a 52 Feira do Xamon
Data de publicación: 05 de febreiro de 2018

 con motivo da celebración do 19º Salón Gastronómico Xantar .

Un ano máis, o stand de A Cañiza foi un dos máis visitados para saborear e coñecer o noso produto. Ata alí achegouse o Director de Expourense, Alejandro Rubín acompañado do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e do Alcalde da Cidade Xesús Vázquez. 

A Directora de Turismo de Galicia Nava Castro e a Conselleira de Medio Rural Ángeles Vázquez promocionaron a a nosa Feira compartindo a xornada do domingo.

Rodeados de prensa e visitantes a Tte. de Alcalde Ana Cerviño e Víctor Burgos presentaron a única Feira gastronómica de Galicia que se dedica ao xamón e que este ano celebrará a súa 52 edición o 15 de agosto.

No acto deuse a coñecer o afamado Xamón de A Cañiza e para iso levouse unha boa mostra do noso mellor produto que puideron saborear os asistentes da man dun dos mellores profesionais do corte de Xamón, Víctor Burgos, organizador tamén do concurso de cortadores profesionais de Xamón que se celebra o 15 de agosto no recinto feiral e que se converteu nun dos principais reclamos deste evento gastronómico.

Os visitantes non dubidaron en eloxiar a exquisitez e o padal do Xamón de A Cañiza.

“O Xamón é o maior representante da nosa gastronomía pero tamén o son outros produtos cárnicos de porco que fan dos cocidos da Vila outro reclamo para os comensais”. Aproveitando esta cita promocionouse a X Xornada gastronómica do Lacón con Petelo que se celebrará en A Cañiza os próximos 10 e 11 de marzo.

compartir

axenda