NovasIr a esta sección

A CAÑIZA PRESENTOU EN EXPOOURENSE AS SÚAS FEIRAS E FESTAS PARA 2019
Data de publicación: 11 de febreiro de 2019
Uno ano máis, a caseta da Cañiza foi unha das máis visitadas. Nela presentouse a XI Edición das Xornadas Gastronómicas do Lacón con Petelo que se celebrarán o 16 e 17 de marzo e a 53 Feira do Xamón que ten a súa cita o 15 de agosto.

A CAÑIZA PRESENTOU ESTA FIN DE SEMANA NO SALÓN GASTRONÓMICO XANTAR DE EXPOOURENSE AS SÚAS FEIRAS E FESTAS PARA 2019

  •  Ata a caseta da Cañiza achegáronse o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e a Delegada Territorial de Ourense María Sol Díaz Mouteira, acompañados do Director de Expourense, Alejandro Rubín.

O Concello da Cañiza, representado pola Tenente de Alcalde Ana Cerviño presentou un ano máis as Feiras e Festas gastronómicas que se celebrarán neste 2019 na Vila e que se inauguran o 16 e 17 de marzo coa apertura das XI Xornadas Gastronómicas do Lacón con Petelo. Unha festa de inverno que dá culto non só ao xamón senón ao resto dos produtos cárnicos do porco que na Cañiza alcanzan un nivel de curación e sabor de excepción cos cocidos como prato principal.

Aínda que, como vén sendo habitual, o gran protagonista do certame Ourensán foi o noso afamado Xamón que os visitantes non dubidaron en eloxiar pola súa exquisitez e bo padal. Do 6 ao 10 de febreiro deuse a coñecer o noso producto da man dun dos mellores profesionais do corte de Xamón, Víctor Burgos, organizador tamén do concurso de cortadores de xamón que se celebra o 15 de agosto na recoñecida  feira do Xamón da Cañiza e que este ano alcanzará a súa 53 edición.

 

compartir

axenda