NovasIr a esta sección

A Cañiza xa está preparada para celebrar o seu entroido
Data de publicación: 08 de febreiro de 2018

Os días 11 e 12 de febreiro

Co Concurso de comparsas e a festa infantil de entroido.

Ata o momento está confirmada a participación de máis de 220 veciñ@s.no XIX certame de entroido do domingo 11.

DOMINGO, 11 DE FEBREIRO

O entroido comeza en A Cañiza o domingo 11 de febreiro coa celebración do tradicional concurso de comparsas que se ven celebrando na nosa localidade dende hai dúas décadas e que está consolidado como un dos mellores da comarca

As bases para poder participar neste concurso pódense consultar na páxina web do Concello www.caniza.org e os interesados poden inscribirse na Biblioteca Municipal de A Cañiza ata o sábado 10 de febreiro. O formulario de inscrición tamén se pode baixar da páxina web.

Como en anos anteriores e si o tempo acompaña, as comparsas sairán ás 16:30 horas da Carballeira do Cacharado, desfilando polas rúas da vila ata chegar ao pavillón de deportes de A Cañiza, na rúa Carballo do Marco, onde se desenvolverá o concurso.

O Concurso está dotado cunha cuantía en premios de 2.500 €uros, repartidos en 3 premios para cada categoría.

1º premio: 500 €uros

2º premio: 300 €uros

3º premio: 200 €uros

e os premios especiais, tamén para cada categoría de 125 euros para a comparsa co mellor disfraz e 125 euros para a mellor carroza.

LUNS, 12 de febreiro. Festa infantil na Casa de Cultura

O luns, 12 de febreiro os pequenos contarán coa súa particular festa de entroido. Nesta ocasión na Casa de Cultura, a partires das 17:00 horas, con música e espectáculo, merenda e moita diversión. Ademáis poderán exhibir os seus disfraces na pasarela, aínda que non haberá concurso porque nesta ocasión todos os pequenos son os gañadores.

 

compartir

axenda