NovasIr a esta sección

A Xunta inicia en A Cañiza un curso de atención sociosanitaria
Data de publicación: 30 de novembro de 2017

A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS 

Un total de 450 horas distribuídas en 370 horas formativas de carácter presencial e 80 horas de prácticas en institucións sociais.

DATA DE INICIO DO CURSO: A MEDIDADOS DO MES DE DECEMBRO DE 2017

15 Prazas

 

O proceso de selección para asistencia ao curso está previsto para o 4 de decembro no 1º andar do Edificio Multiusos.


Os interesados en participar no proceso poden dirixirse as oficinas xerais do Concello onde serán informados dos requisitos de selección polo Axente de Emprego Marcos Gómez.

 

PODERÁN PARTICIPAR:


Persoas inscritas no programa de garantía xuvenil  (menores de 30 anos), 

Que conten cos seguintes niveis de estudos:


Equivalencias a Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria (ESO)
Competencias clave aprobados NIVEL 2
Proba de Acceso a Ciclo Formativo de Grado Medio
Certificado de profesionalidade do mesmo nivel
Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia profesional
Proba de Acceso á Universidade (PAU) para maiores de 25 anos

Este curso é valido tanto para traballar en institucións sociais como para realizar tarefas de atención a domicilio.

 

O curso impartirase en horario de mañá de 09h a 14h  no Edificio Multiusos do Concello ( 1º Andar) na rúa Progreso, nº 21.

compartir

axenda