A Cañiza

NovasIr a esta sección

Abrese o prazo para solicitar as axudas da Xunta de Galicia por fillo a cargo menor de 3 anos (nacidos entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos)
Data de publicación: 01 de abril de 2013

A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 10 de maio de 2.013

Consulta a Orde e accede aos formularios no seguinte enlace :  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130401/AnuncioCA05-260313-0004_gl.html

 

 

DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9411

 

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 26 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013.

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 27.23 asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, establece no seu artigo 6 como principio reitor da actuación dos poderes públicos de Galicia o apoio e protección da familia como medio de transmisión da vida como ámbito privilexiado para o desenvolvemento persoal e artella, ao longo dos seus artigos, medidas que teñan por obxecto incidir favorablemente nas situacións de carencia familiar.

A Xunta de Galicia, co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos de crianza dun fillo/a establece deducións da cota integra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas polo nacemento de fillos/as. Por outra banda, a Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 prevé, na súa disposición adicional oitava, que aquelas persoas que, con data do 1 de xaneiro de 2013, teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando, durante o ano 2011, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigados a iso. A percepción desta prestación axustarase ao procedemento que estableza a Consellería de Traballo e Benestar, pero exixirá xustificación documental dos requisitos precisos para o seu gozo, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación. Esta orde ten por obxecto regular os requisitos e o procedemento para a percepción desta prestación.

Esta orde adáptase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa de desenvolvemento; así mesmo, adáptase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como ao seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación e eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

CVEDOG: l5evexu1- yzp5- aci0- bzn2- rqxsistky8k2 DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9412

Con este fin, na Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, na aplicación 11.05.312B.480.0 existe partida orzamentaria consignada pola contía de 1.600.000 euros para as prestacións que se establecen no articulado da presente orde.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos así como a convocatoria destas axudas para o ano 2013.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidos entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

2. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.

3. En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.

4. Os estranxeiros que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos

CVEDOG: l5evexu1- yzp5- aci0- bzn2- rqxsistky8k2 DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9413

estranxeiros en España, e os requisitos establecidos nesta norma e teñan a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

5. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Requisitos

Será requisito necesario para a concesión da prestación:

– Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.

– Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante.

Artigo 4. Tipo de axuda e contía

A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

Artigo 5. Solicitudes e documentación

1. Novas solicitudes:

A solicitude formalizarase no formulario normalizado, que figura como anexo I desta orde e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es, xunto coa seguinte documentación:

a) Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do rexistro civil de cada un dos fillos/as menores de tres anos.

b) Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

c) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e/ou do convenio regulador, de ser o caso.

CVEDOG: l5evexu1- yzp5- aci0- bzn2- rqxsistky8k2 DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9414

d) Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

e) Autorización do cónxuxe ou parella para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria os datos relativos ao cumprimento das súas obrigas tributarias e DNI (anexo II).

Respecto do solicitante, poderá autorizar na solicitude a Consellería de Traballo e Benestar para obter do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a verificación dos datos do seu documento nacional de identidade. Así mesmo, a presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda (artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

Para que o seu cónxuxe ou parella poida outorgar tamén as devanditas autorizacións á Consellería de Traballo e Benestar, deberá cubrir o espazo destinado a tal fin no anexo II. No caso de que o solicitante e/ou o seu cónxuxe ou parella non queiran dar estas autorizacións, terán que achegar a copia compulsada dos documentos acreditativos de tales circunstancias.

2. Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias:

Se a persoa solicitante recibiu a prestación familiar por fillo menor de tres anos no ano 2012 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude formalizada no modelo oficial (anexo I), sempre e cando non se modificasen as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito de prestación.

Aquelas solicitudes que se presenten eliminando delas algún dos proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental correspondente:

– En caso de nulidade, separación ou divorcio: copia da sentenza e do convenio regulador, de ser o caso.

– No caso de parellas de feito: convenio regulador ratificado polo xulgado, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello.

– En caso de falecemento: certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.

CVEDOG: l5evexu1- yzp5- aci0- bzn2- rqxsistky8k2 DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9415

3. Solicitudes para persoas que non foron anteriormente beneficiarias e solicitaron a prestación.

– Deberán achegar a documentación establecida no artigo 5.1 desta orde para as novas solicitudes.

4. No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, a persoa solicitante deberá presentar copia dixitalizada dos documentos necesarios indicados nos puntos anteriores.

5. En calquera dos casos anteriores, se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación sinalada, requirirase o interesado para que no prazo de 10 días emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se entenderá que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Lugar e prazo para a presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación das solicitudes será de corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e no artigo 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

CVEDOG: l5evexu1- yzp5- aci0- bzn2- rqxsistky8k2 DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9416

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

Artigo 7. Resolución

1. Correspóndelle á conselleira de Traballo e Benestar, a resolución destas axudas no prazo de seis meses contado desde o día seguinte ao da data en que a solicitude teña entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

2. As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta o prazo será de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Transcorridos os ditos prazos, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo sen prexuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Artigo 8. Compatibilidade

As prestacións reguladas na presente orde serán compatibles con calquera outra establecida tanto polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, como por calquera entidade privada.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras

CVEDOG: l5evexu1- yzp5- aci0- bzn2- rqxsistky8k2 DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9417

administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 9. Pagamento

O pagamento das prestacións reguladas nesta orde farase unicamente na conta que os solicitantes fagan constar no anexo I. Esta conta ten que permanecer activa mentres non se teña constancia da finalización do expediente. A Administración non se fará responsable da imposibilidade de efectuar o ingreso por causas alleas á propia tramitación do expediente.

O pagamento axustarase ao establecido no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, en todo o que non estea derrogado pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Obrigas dos beneficiarios

As persoas beneficiarias das axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, especificamente o seguinte:

a) Cumprir o obxectivo e executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións.

b) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

CVEDOG: l5evexu1- yzp5- aci0- bzn2- rqxsistky8k2 DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9418

Artigo 11. Revogación da prestación

Procederá o reintegro, total ou parcial, das axudas públicas, xunto cos xuros de demora devindicados segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:

a) A obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

c) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Artigo 12. Información

A información relativa ao procedemento, que regula a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013, poderase obter nos seguintes enderezos de internet: http://traballoebenestar.xunta.es, www.familiasgalegas.org e https://sede.xunta.es, así como no teléfono: 981 54 72 46.

Disposición adicional primeira

As persoas beneficiarias encóntranse suxeitas ao réxime de infraccións e sancións que en materia de subvencións establece o título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional segunda

As prestacións económicas concedidas non se publicarán no Diario oficial de Galicia, por ser un dos supostos de excepción contidos no artigo 15.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 9.3 do Decreto 132/2006, do 27 de xullo,

CVEDOG: l5evexu1- yzp5- aci0- bzn2- rqxsistky8k2 DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9419

polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2006.

Disposición derradeira primeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular do órgano superior da consellería competente en materia de familia e benestar para ditar cantas disposicións sexan precisas en relación coa presente norma.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2013

Beatriz Mato Otero Conselleira de Traballo e Benestar

compartir

axenda
Índice da sección
Ir a esta sección