NovasIr a esta sección

AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA DA DEPUTACION PROVINCIAL
Data de publicación: 23 de febreiro de 2021

A Deputacion de Pontevedra concedeu ao Concello da Cañiza unha subvención de 7.623,29€ para a prestación de servizos básicos de emerxencia para o ano 2020, como finanzamento extraordinario con ocasión da declaración do estado da alarma

Unha cantidade que foi destinada a financiar tres liñas de actuacións:

 Apoio para o abastecemento do Almacén Solidario Municipal de Alimentos que axuda e da cobertura a unha corentena de familias de xeito regular na Cañiza aos que hai que engadir algunhas entregas puntuais de emerxencia.

Unha segunda liña de apoio para o equipameno  de electrodomésticos básicos de varios domicilios de persoas en situación de risco, baixo a supervisión dos servizos sociais do Concello.

A unha terceira liña de apoio a familias en situación de emerxencia para a adquisición de gafas así como pagos de aluguer e facturas do suministro eléctrico.

AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA DE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

As axudas de emerxencia básicas da Deputación de Pontevedra xorden co obxectivo de lles proporcionar aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de urxente e puntual necesidade das veciñas e veciños do concello que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

Poderán ser beneficiarias as persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para facer fronte aos gastos polos que se solicita a axuda.

Darase prioridade a cubrir as necesidades de familias con menores ao seu cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo.

compartir

axenda