NovasIr a esta sección

CABALGATA DE REIS 2021
Data de publicación: 02 de xaneiro de 2021

Este luns, 4 de xaneiro de 2021, as súas Maxestades de Oriente van visitar a nosa Vila. Van facer unha parada na Cañiza para continuar o seu percorrido por todas as Vilas e Cidades do Mundo.

CABALGATA DE REIS 2021
 
 
▪️No mapa amosámosvos o percorrido dos tres Reis Magos e a súa comitiva polas rúas da nosa vila, saída do Rañadoiro ás 18 h, para que todas as nenas e nenos esteades atentas e non vos perdades a visita das súas Maxestades.
 
 
▪️Ademais, este ano, como novidade, os tres Reis Magos van facer unha visita a todas e cada unha das parroquias do noso concello. A continuación tedes os horarios e os lugares de encontro coas súas Maxestades en cada parroquia.
 
Parroquia, lugar de encontro cos Reis Magos e horario
 
A Franqueira, O Cebreiro (diante do teleclub), 14.30 h
Luneda, San Roque, 15 h
Parada, diante da Igrexa, 15.20 h
Valeixe, explanada “Irmandade”, 15.40 h
O Couto, diante da Igrexa, 16.05 h
Oroso, diante da Igrexa , 16.25 h
Petán, diante da Igrexa, 16.45 h
As Achas, diante da Igrexa, 17.05 h
 
▪️Desgraciadamente e debido a actual situación de pandemia internacional, este ano temos que cambiar o funcionamento da nosa cabalgata polas rúas da vila, xa que non vai ser posible acompañar aos Reis no seu percorrido, polo que tedes que agardar nas vosas casas e velos dende as ventás e unicamente no caso de que dende as vosas vivendas non teñades visión a algunha das rúas por onde vai transcorrer a cabalgata, poderedes esperalos nun punto fixo onde non haxa aglomeracións de xente.
 
▪️Debedes saber tamén que este ano por causa do COVID 19 tampouco van repartir caramelos.
 
▪️As circunstancias obrígannos este ano a tomar estas medidas pero confiamos en que para o vindeiro ano poidamos realizar unha Cabalgata de Reis e a conseguinte Recepción Real como en anos anteriores.
Dende o Concello da Cañiza desexamos que os Reis Magos vos traian moita saúde e felicidade para este ano 2021.
 

 

compartir

axenda