NovasIr a esta sección

Campaña de Doazón de Sangue. 10 de agosto de 2018
Data de publicación: 24 de xullo de 2018

10 de agosto de 2018 fronte Edificio Gran Sol.

Horario da Unidade Móbil: de 10h00 a 14h00 e de 16h00 a 21h00

#súmatedoasangue

 

Estimados veciños e veciñas:

Os hospitais precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os enfermos e diríxome a todos vos para que participedes nesta campaña solidaria.

Podes doar sangue se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón de sangue:

 

A  CAÑIZA

VIERNES 10 de AGOSTO

10:00 A 14:00 y de 16:00 a 21:00

UNIDADE MOBIL FRONTE AO EDIFICIO GRAN SOL

 

Non acudas sen almorzar e despois do xantar espera 2 horas. Non esquezas traer o DNI.

Informa ao médico da unidade móbil se estas a tomar algún medicamento.

Máis información http://ados.sergas.es

Twitter: @doadoressangue       Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue

 

A CAÑIZA  acadou en 2017 unha taxa de  38 doazóns por cada 1.000 habitantes e temos que incrementar a participación para acadar as cifras que   recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes).

Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo cada día unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións e moitas persoas dependen da nosa solidariedade para recuperar a saúde. Grazas pola vosa colaboración.

 

O ALCALDE – PRESIDENTE

Asdo. Miguel A. Domínguez Alfonso

compartir

axenda