NovasIr a esta sección

Campaña de Nadal do Comercio Local 'Coa confianza de sempre, agasállate este Nadal'
Data de publicación: 21 de decembro de 2020

Hoxe, ás 10h00, o Alcalde Luis Piña e a Presidenta da Asociación de Comerciantes da Cañiza entregaron os primeiros 1000€ da campaña, correspondentes ao sorteo celebrado o pasado 15 de decembro.

Noraboa a todos os gañadores.

O vindeiro sorteo se celebrará o 30 de decembro de 2020. 

Esta mañá se fixo entrega dos primeiros premios da campaña de activación e fidelización do comercio local que comezou este mes de decembro baixo a garantía da confianza que ofrece o comercio local.

Os portadores dos números premiados no sorteo do pasado 15 de decembro, recolleron os seus vales (5 vales de 10 €uros cada un), que a partires de hoxe poderán canxear nos mesmos establecementos da Cañiza.

 

compartir

axenda