NovasIr a esta sección

CAMPAÑA O QUE SE ENCHUFA, RECÍCLASE
Data de publicación: 26 de decembro de 2017

Os días 27 e 28 de decembro, diante da Casa Consistorial 

Con esta iniciativa preténdese concienciar á poboación da necesidade de reciclar os RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) e informar sobre os puntos de recollida existentes. 

A Xunta trae A Cañiza a campaña "O que se enchufa, recíclase"


Achégate ata o stand donde serás atendido por profesionais que resolverán todas as túas dúbidas. Ademáis da parte informativa, nesta campaña, obsequiarase aos asistentes con produtos promocionais.

Durante a vixencia da campaña instalaranse contedores repartidos por establecementos adheridos á campaña para que os veciños poidan depositar os aparellos que xa non queren.

Os cidadáns poden consultar os puntos de reciclaxe máis próximos aos seus domicilios na web www.oqueseenchufareciclase.gal; a información tamén está nas redes sociais, a través de facebook.com/RAEEGALICIA e twitter.com/RAEE_GAL.

A Consellería de Medio Ambiente aposta por este tipo de iniciativas para acadar unha boa xestión deste tipo de residuos, xa que a reciclaxe de aparellos eléctricos ou electrónicos está menos consolidada que a doutros materiais.

 

compartir

axenda