NovasIr a esta sección

CITAS PARA A RENOVACIÓN DO DNI 2018
Data de publicación: 12 de febreiro de 2018

Xa podes consultar nesta ligazón o calendario do EQUIPO MÓBIL DE RENOVACIÓN DO DNI da Policía Nacional para o ano 2018.

Para pedir cita, é necesario poñerse en contacto coa policía local do Concello chamando ás oficinas xerais.

Próxima cita: 2 DE ABRIL DE 2018

PRIMEIRA INSCRICIÓN:

2 fotos recentes en cor, centradas, de fronte e coa cabeza descuberta, sen lentes de cristais escuros.

Certificación Literal de nacemento expedida polo Rexistro Civil ao só efecto da obtención do DNI. A estes efectos unicamente serán admitidas as certificacións expedidas cunha antelación máxima de tres meses á data de presentación da solicitude de expedición do DNI.

Cando o solicitante sexa menor de idade ou incapacitado ( avalado por certificado médico), a persoa que o represente acreditará o domicilio deas mesmo e exhibirá o seu DNI.

RENOVACIÓN:

1.- Polo transcurso dos prazos de validez.

É necesario presentar a seguinte documentación:

2 fotos recentes en cor, centradas, de fronte e coa cabeza descuberta, sen lentes de cristais escuros.

DNI anterior.

 

2.- Por roubo, extravío ou deterioración

· 3 fotos fotos recentes en cor, centradas, de fronte e coa cabeza descuberta, sen lentes de cristais escuros.

· Neste caso débese tamén cubrir un impreso que se lle entregará na oficina correspondente o cal, xunto coa súa firma, a súa impresión dactilar e foto, servirá de comprobación da súa personalidade.

3.- Residentes no estranxeiro.

· Dúas fotografías recentes en cor, centrada, de fronte e coa cabeza descuberta, sen lentes de cristais escuros.

· DNI anterior.

· Certificación de acreditación de residencia, expedido polo Consulado Español onde estea inscrito.

4.- Por variación de datos de filiación.

· Dúas fotografías recentes en cor, centrada, de fronte e coa cabeza descuberta, sen lentes de cristais escuros.

· DNI anterior.

· Certificación literal de inscrición de nacemento expedida polo Rexistro Civil no que figure a modificación producida.

 

TAXAS: 10,60 € UROS

compartir

axenda