NovasIr a esta sección

COMEZAN AS OBRAS DO NOVO PARQUE CENTRAL
Data de publicación: 03 de outubro de 2018

Unha gran aposta do Concello de A Cañiza para revitalizar o casco urbano

Co obxectivo de ofrecer un mellor e máis amplo espazo de lecer orientado ao disfrute de todos, este luns, comezaron no casco urbano as obras de construcción

NOVO PARQUE CENTRAL DE A CAÑIZA

Un proxecto redactado polo arquitecto Oscar López Alba que abarca un total de 4000m m2, con varios espazos diferenciados, con parques para nenos, adolescentes e adultos, con zonas de sol e sombra que tamén incluirá una pista polideportiva con bancada para anfiteatro, orientada a desenvolver tanto actividades deportivas como culturais.

Tras un longo proceso administrativo con expediente de expropiación incluido no que colaboraron co Concello sobre todo os propietarios veciños de A Cañiza, os cales estiveron en boa disposición dende o inicio do expediente, facilitando o proceso, conseguiuse a financiación e contratouse esta obra que poderá estar rematada no prazo de catro meses.

O acondicionamiento do Paseo do Regueiro, a humanización da rúa Vilanova, a ampliación do cemiterio municipal e a sinalización integral de todo o Municipio son outras das actuacións rematadas neste último ano. Pero máis alá destas grandes obras que sin duda modificarán o nucleo urbano de A Cañiza, a nosa intención é seguir traballando para xestionar coas distintas administracións as axudas que permitan seguir mellorando a calidade de vida dos nosos veciños.

Este é o compromiso adquirido por Miguel Domínguez, Alcalde de A Cañiza, para revitalizar e poñer en valor a nosa contorna e o noso Municipio.

compartir

axenda