NovasIr a esta sección

CONVENIO PARA REPARAR OS DANOS DA VAGA DE LUMES DE OUTUBRO 2017
Data de publicación: 01 de agosto de 2018

A Xunta asina convenios con varios concellos de Pontevedra, entre eles A Cañiza, para intentar paliar as consecuencias dos incendios do pasado mes de outubro.

 

  • A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, firmou o 31 de xullo en Pontevedra e Vigo estes acordos
  • Trátase dunha das liñas de axuda que se incluía na orde conxunta que habilitou o Goberno galego para facer fronte aos danos producidos polos incendios
  • A Administración autonómica destinou en total 23 millóns de euros a paliar as consecuencias dos lumes de outubro: 13,2 millóns de euros mediante a orde conxunta de axudas e 9,8 millóns en actuacións directas

 

A sinatura destes convenios  permite que a Xunta financie ata o 50% da reparación dos danos que se ocasionaron nas infraestruturas municipais durante a vaga de lumes do pasado mes de outubro.

En toda Galicia, o número de concellos beneficiados por esta iniciativa ascende a 40. No caso da provincia da Pontevedra, son 15: Cerdedo-Cotobade, A Guarda, Mondariz Balneario, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, A Cañiza, As Neves, Ponte Caldelas, Baiona, Mos, Pazos de Borbén, Soutomaior e Vigo. 

O importe de cada convenio foi calculado en función da información facilitada polos propios concellos, e a comprobación técnica in situ para determinar se eran ou non gastos subvencionables.

 

compartir

axenda