O Alcalde Luis Piña asina o 26 de marzo un 4º Decreto polo que se resolve ampliar a prórroga das medidas de prevención por contaxio por coronavirus ata o 11 de abril de 2020.
Debido á situación xerada pola evolución do coronavirus COVID 19 foron necesarias e urxentes a adopción de medidas de contención extraordinarias emitidas polas autoridades de saúde pública que este Concello publicou nos Decretos de data 13 de marzo, 17 de marzo e 18 de marzo de 2020, medidas que poden visualizarse tanto na páxina web do Concello, como na Sede Electrónica ou no Facebook institucional.
Debido á prórroga aprobada o 25 de marzo polo Congreso dos Deputados do Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Histórica do Goberno de España, polo que se declara o Estado de Alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo Covid 19, as medidas exténdense ata o 11 de abril de 2020. Ver texto do 4º Decreto.
Visto o anterior, o Alcalde, Luis Piña, asina un cuarto Decreto de Alcaldía no que se prorrogan as medidas adoptadas anteriormente. Mantense o funcionamento do comité de Seguimiento e Seguridade do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e proponer a implementación das medidas que se estimen necesarias durante todos os días. Este Comité presidido polo Alcalde e integrado por expertos e técnicos, fará un continuo seguimento da evaluación da situación e proporá medidas novas ou complementarias das xa adoptadas, ao tempo que coordinará as novas actuacións que sexan precisas, garantindo unidade de acción, de conformidade coas recomendacións analizadas polas autoridades sanitarias.
O Concello prorroga tamén ata o 11 de abril o Servizo Municipal de Auxilio en caso de Illamento para aquelas persoas que necesiten que lles sexan subministrados medicamentos, alimentos ou produtos de primeira necesidade.
Segue estando activo o servizo telefónico de atención á veciñanza para aclarar e dar cobertura informativa desta crise: 986 651 000 de luns a venres, de 8h a 21h e no horario restante dende o número de teléfono 605 255 026.
Ademáis o Concello pon a disposición da comunidade escolar un Servizo de Axuda para os nenos e nenas do Concello que non poidan acceder ás tarefas “colgadas” nas páxinas dos centros educativos, por falta de medios ( ordenador, internet…) facilitándoselle o material que non poidan imprimir. Os teléfonos de contacto e horarios seguen sendo o 986 651 000 de luns a venres, de 8h a 21h e o número 605 255 026 no horario restante.