NovasIr a esta sección

O Alcalde anuncia o inicio dos procesos de selección para a contratación de 13 traballadores dentro do Plan Concellos 2020 da Deputación
Data de publicación: 16 de maio de 2020

con importantes cambios e axustes no Procedemento e Bases de Contratación. 

 PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

 

- ESTE ANO ELIMINARASE A ENTREVISTA NO PROCESO DE SELECCIÓN, CONVERTÉNDOSE NUN CONCURSO AO 100% QUE GARANTIRÁ OS PRINCIPIOS CONSTITUCIONAIS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, MÉRITO E CAPACIDADE

 

SINALAR TAMÉN QUE ESTE ANO POR PRIMEIRA VEZ EQUIPÁRANSE OS SALARIOS DESTE PERSOAL COS DOS EMPREGADOS DO CONCELLO CON SIMILARES OCUPACIÓNS, NON TOMANDO COMO REFERENCIA O SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL COMO SE FIXO ATA ESTE ANO, DEFICITANDO OS POSTOS DE TRABALLO

 

- TODAS AS PRAZAS OFERTADAS SON A XORNADA COMPLETA, CUN MÍNIMO DE 7 HORAS. ASÍ OFRÉCESE EMPREGO DE CALIDADE A DIFERENZA DE ANOS ANTERIORES NOS QUE AS XORNADAS ESTABAN RECORTADAS. ADEMÁIS POR 1ª VEZ INDEMNIZARÁSE AOS TRABALLADORES AO FINALIZAR O SEU CONTRATO PARA CUMPLIR COS SEUS DEREITOS. ESTA INDEMNIZACIÓN CORRERÁ A CARGO DO CONCELLO.

 

ADEMÁIS ESTE ANO CÚMPRESE POR 1ª VEZ CO PRINCIPIO DE PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA, PUBLICÁNDOSE NO BOP nº 91 DO 14 DE MAIO, TAL E COMO ESTABLECE O ARTIGO 29.2 DO CONVENIO COLECTIVO DO CONCELLO. PRINCIPIO QUE NOS ÚLTIMOS ANOS VIÑA INCUMPRÍNDOSE (A PUBLICACIÓN NO BOP), SEGUNDO OS INFORMES DA SECRETARÍA XERAL DO CONCELLO

 

Arrancan os procesos de selección para a contratación de 13 traballadores desempregados para cubrir os postos de 2 mozos de recollida de lixo, 3 varredores, 3 peóns de obras públicas, 1 electricista  de reparación e mantemento, 2 conductores operadores de maquinaria de vías e 2 peóns de horticultura e xardinería. Unha convocatoria pública de emprego á que están destinados un total de 119.466,54€, subvencionados case na súa totalidade pola Liña 3 do Plan Concellos da Deputación Provincial. Neste Programa de Emprego o Concello da Cañiza  colabora na financiación con 2.807,04 €uros para as indemnizacións de fin de contrato dos traballadores.

Este ano eliminouse a entrevista, converténdose nun concurso unicamente de méritos no que se valorará a experiencia profesional (ata 3 puntos), a formación (ata 2 puntos) e as circunstancias persoais  e familiares de cada aspirante que poderán acadar ata 5 puntos (cargas familiares, ingresos, discapacidade, maior de 45 anos e violencia de xenero).  Ademáis este ano incorpórase unha pequena proba de galego para as persoas que non poidan acreditar estar en posesión do certificado oficial de galego (GELGA), requisito indispensable para poder participar neste concurso.

A selección de persoal respetará con todas as garantías os principios de igualdade, mérito e capacidade, nun proceso que cumpre por primeira vez coa preceptiva publicidade (BOP) da convocatoria. Tamén está garantizados os principios de transparencia,  imparcialidade, profesionalidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección e, segundo a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, a igualdade efectiva de mulleres e homes.

compartir

axenda