NovasIr a esta sección

O Alcalde defende os intereses do rural galego
Data de publicación: 23 de febreiro de 2018

Na Comisión de Despoboación da Federación Española de Municipios y provincias celebrada este 20 de febreiro en Madrid

O ALCALDE DE A CAÑIZA DEFENDE OS INTERESES DO RURAL GALEGO NA COMISIÓN DE DESPOBOACIÓN DA FEMP

 

O Alcalde de A Cañiza asistiu o pasado martes, 20 de febreiro, en Madrid a unha reunión coa Comisionada do Goberno para o Reto Demográfico, Edelmira Barreiro Diz, acompañado por outros membros da Comisión de Despoboación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), comisión á que pertence dende abril do ano 2016. Nesta xuntanza a Comisionada  explicou e analizou  as medidas que está desenvolvendo o Goberno para loitar contra a terrible despoboación que están sufrindo moitas rexións de España, entre elas todo o interior da Comunidade Galega da que ela, como Ourensá, é ben coñecedora.
Dende o nomeamento de Edelmira Barreiro por parte do Goberno, teñense impulsado medidas para facer fronte aos desafíos demográficos, atendendo ao compromiso de favorecer unha maior sensibilidade dende o punto de vista do progresivo envellecemento e a baixa natalidade.


Despois desta xuntanza, ás 12h da mañá comezou a reunión ordinaria da Comisión de Despoboación no seno da FEMP, na que se defendeu a máxima de que o reto demográfico é un asunto de Estado que precisa do acordo de todas as forzas políticas co obxectivo de poñer en marcha medidas efectivas que poidan remediar a situación que viven moitas zonas de España como A Cañiza.

 

Miguel Domínguez tamén tivo a oportunidade de reunirse e intercambiar impresións co Presidente do Goberno, nesta ocasión no Edificio do Senado, no que o Alcalde lle transmitiu a súa preocupación pola despoboación que sufre o rural e as posibilidades reais de frear esta tendencia.

compartir

axenda