NovasIr a esta sección

O Alcalde entrega os premios aos gañadores do concurso de Fotografía Encanto das Nosas Parroquias
Data de publicación: 21 de novembro de 2020

Entra neste enlace para coñecer as fotografías e os autores premiados neste concurso.

Parabéns aos gañadores e o noso agradecemento a todas as persoas que concursaron connosco

Baixo o título “ENCANTO DAS NOSAS PARROQUIAS” o certame tiña como obxectivo principal que os participantes poideran emponderar a través das súas fotografías o mellor do noso Municipio. Os encantos que nos rodean na nosa cotidianeidade e que o ollo fotográfico sacou a relucir en detalle.

Así o souberon interpretar os gañadores dos premios deste concurso, elexidos polo Xurado do Certame que fixo público o seu fallo o día 06/11/2020.

Sebastián Pérez Rodríguez. Gañador do 1º premio coa fotografía titulada Valeixe Nuclear

Tania Pérez González. Gañadora do 2º premio coa fotografía titulada Peña de Francia.

Anxo Gutiérrez Barros. Gañador do 3º Premio coa fotografía titulada Cruceiro da Igrexa de Oroso.

Segundo manifestou o Alcalde na entrega de premios desta maña, as tres obras foron merecedoras dos premios por creativas, orixinais e  forza expresiva. No obstante, Luis Piña felicitou a todos o concursantes xa que coas súas aportacións conseguiron que o certame acadase un altísimo nivel. O Alcalde tamén agradeceu o elevado índice de participación e implicación dos veciños coas manifestacións artísticas, a cultura e os nosos valores tradicionais.

Estas 3 obras,  formarán parte da selección de 12 fotografías que se publicarán no calendario anual elaborado polo Concello da Cañiza. 

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 “ENCANTOS DAS NOSAS PARROQUIAS”

 

1º PREMIO

SEBASTIÁN PÉREZ RODRÍGUEZ

TÍTULO DA FOTOGRAFÍA: VALEIXE NUCLEAR

 

 

 

2º PREMIO

TANIA PÉREZ GONZÁLEZ

TÍTULO DA FOTOGRAFÍA: PEÑA DE FRANCIA

 

 

 

 

 

3º PREMIO

ANXO GUTIERREZ BARROS

TÍTULO DA FOTOGRAFÍA: CRUCEIRO DA IGREXA DE OROSO

 

 

 

compartir

axenda