NovasIr a esta sección

O Alcalde fai un chamamento á colaboración e responsabilidade dos veciñ@s do casco urbano para reducir os consumos de auga potable da rede municipal de abastecemento.
Data de publicación: 22 de xullo de 2020

Hoxe a Alcaldía publica un Bando no que se fai saber aos veciños e veciñas do núcleo urbano da Cañiza, que queda prohibido regar xardíns e hortas coa auga da traída municipal. Este acordo adóptase para aforrar todo o líquido posible en previsión dos vindeiros días de seca que están por vir.

Por iso prégase a todos os veciños que colaboren aplicando as medidas que sexan necesarias para o aforro da auga levando á práctica fórmulas de sentido común e responsabilidade.

No caso de que sexan detectados indicios de rego con auga da traída de hortas e xardíns, o Concello tomará as medidas que sexan de aplicación contra os titulares das parcelas regadas.

compartir

axenda