NovasIr a esta sección

O Alcalde Luis Piña fai entrega ás traballadoras do Servizo Municipal de Axuda no Fogar de dúas equipacións completas de vestuario.
Data de publicación: 14 de maio de 2020

DESTE XEITO DENDE A ALCALDÍA PRETÉNDESE REFORZAR AS MEDIDAS DE HIXIENE E SEGURIDADE NO DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO DESTE PERSOAL POLA SÚA IMPLICACIÓN E CONTACTO DIRECTO CON USUARIOS ESPECIALMENTE VULNERABLES AO COVID-19, COMO SON OS MAIORES.

DENDE O INICIO DA ACTIVIDADE LABORAL DE TODO O PERSONAL DO SAF SOLO RECIBIRON UNHA EQUIPACIÓN, EN CONTRA DO DISPOSTO NO CONVENIO COLECTIVO DO CONCELLO.

ADEMÁIS POR PRIMEIRA VEZ SE ENTREGA UN VESTIARIO QUE IDENTIFICA A TITULARIDADE E O SERVIZO QUE DESENVOLVEN PARA O CONCELLO DA CAÑIZA ESTAS PROFESIONAIS.

O momento vivido en pleno Estado de Alarma polo Covid-19 esixe das Administracións que se adoiten máis ca nunca, todas as medidas de hixiene posibles. O personal do SAF traballa directamente co colectivo de poboación máis vulnerable aos contaxios, por iso o servizo desenvolvido por estas profesionais ten que contar con todas as garantías de limpeza posibles.

Esta é a primeira vez que o Concello cumpre co seu convenio colectivo que no Capítulo XV establece, no artigo 69º referente á roupa de traballo de todos aqueles empregados públicos que por razón de servizo teñan a necesidade de utilizada, que o Concello lle subministrará nos meses de maio e de outubro unha equipación completa a cada traballador. Dereito que non se estaba cumprindo ata o de agora xa que segundo manifestan as propias empregadas dos SAF solo contaban cunha muda dende o inicio da súa actividade laboral.  

Nestes días están recibindo os dous equipamentos do ano, contando así con tres equipos completos, feito  que contribuirá a  afrontar o día a día con toda a seguridade de hixiene e saúde requerida.

 

compartir

axenda