NovasIr a esta sección

O Alcalde presenta o proxecto do novo Parque Central de A Cañiza
Data de publicación: 05 de marzo de 2018

O pasado venres Miguel Domínguez presentou no Salón de Plenos do Concello o proxecto do novo parque infantil que empezará a construirse neste ano e que suporá un importante activo para a nosa Vila. 

A instalación sitúase en pleno casco urbano, pegado ao actual parque Heriberto Fuertes, nuns terreos adquiridos trans un longo proceso de expropiación. Na presentación o Alcalde agradeceu a cooperación dos propietarios destes terreos, sobre todo dos veciños de A Cañiza, que estiveron en boa disposición dende o inicio do expediente, de cara a facilitar en todo o posible o proceso expropiatorio.

O Proxecto redactado polo arquitecto Oscar López Alba abarca un total de 4000m m2, con varios espazos diferenciados, que acollerán parques para nenos menores de 3 anos, un segundo para nenos a partires de 4 anos e un terceiro para adolescentes e adultos. Incluirá una pista polideportiva con bancada para anfiteatro que acollerá tanto actividades deportivas como culturais.

Unha vez construido destacará tamén pola variedade de árbores caduciformes orientados estratéxicamente  para  dar a sombra necesaria aos distintos espazos.

A obra que en breve estará en fase de licitación, comezará a executarse neste verán e estímase que a súa construcción esté rematada no prazo de catro meses dende o inicio.

 

compartir

axenda