NovasIr a esta sección

O Alcalde recibe no Concello á Delegada Territorial da Xunta en Pontevedra
Data de publicación: 04 de novembro de 2020

María Luisa Piñeiro visita por primeira vez o Concello da Cañiza na súa calidade de Delegada Territorial.

O Alcalde, Luis Piña, aproveitou a ocasión para trasladarlle todos os asuntos e reivindicacións que o Concello ten abertos e pendentes coa Xunta.

Tamén lle manifestou  a máxima colaboración da Institución do Concello coa Institución Autonómica en beneficio da mellora da calidade de vida dos nosos veciños e da nosa contorna.

 

 

 

*  Despois de darlle a noraboa polo seu recente nomeamento, durante máis dunha hora o Alcalde informou á  nova Delegada dos trámites que o Concello ten abertos coa Xunta de Galicia. Todos pendentes de resolver e que son de especial importancia para a mellora da calidade de vida dos nosos veciños. Éste é o caso das axudas para a mellora das captacións de auga potable, a concesión dun facultativo para o Centro Médico de Valeixe, a execución dunha conexión viaria para eliminar o fluxo de tráfico pésado do casco urbano, axuda para a tramitación de chan empresarial e comercial, entre outros.

 

O Alcalde aproveitou tamén a visita para reivindicar ante a Xunta os dereitos que lle deberían sen recoñecidos co Canon Ambiental, xa que somos un dos Concellos que máis enerxía eólica produce pola nosa especial orografía. Cantidade que reporta unha fiscalidade para as arcas da Xunta, por parte das empresas, en torno ao medio millón de Euros e que o Concello solo cobra por este concepto en torno aos 79.000€. O Alcalde reclama que, xa que somos un gran Concello productor de enerxía, co territorio sembrado de eólicos, recibamos polo menos o 50% desta fiscalidade.

 

* Luis Piña reivindica ademáis que a Xunta asuma a explotación e mantemento das depuradoras da Cañiza xa que son de competencia autonómica e costan ao concello unha media anual de 180.000€. Tamén solicita, amparándose igualmente en que son competencia da Comunidade Autónoma, que a Consellería de Educación asuma os gastos de limpeza dos colexios e aumente o pago das horas do persoal do Servizo de Axuda a Domicilio.

 

Esta mañá o Alcalde da Cañiza, Luis Piña, recibiu no seu despacho á nova Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, nunha xuntanza na que se trataron 12 puntos. Temas todos pendentes de resolver coa Comunidade Autónoma e que son de especial interese para mellorar os servizos municipais, como é o tema do abastecemento da traída de augas municipal.

Un expediente iniciado no ano 2008 polo antepenúltimo Alcalde e que remata nos últimos anos coa redacción dun proxecto que ademáis de inasumible polo coste económico que suporía para o Concello a súa execución (1.600.000,00 € dos que a Xunta aportaría 600.000€ e o Concello 1 millón), consultados varios técnicos o proxecto non sería viable nin solucionaría os problemas de auga nos meses de seca. O proxecto contempla derivar auga do río Deva so no verán  hacia o depósito de Augas Férreas con estacións de bombeo. Pero precisamente nos meses de estío o río Deva, no punto de captación, non leva auga suficiente. Ademáis os costes de mantemento e enerxéticos (con 45 unidades e motores eléctricos) desta Estación Potabilizadora de Auga serían inasumibles para a precaria situación do Concello.

O Alcalde está traballando en varias alternativas de maior eficacia e rentabilidade que quere presentar á Xunta para solucionar o problema de desabastecemento nos meses de agosto e setembro.

A solicitude dun médico para o Centro de Valeixe foi outro dos asuntos que o Concello ten pendente coa Xunta e que hoxe o Alcalde volveu a reivindicar por cuarta vez, xa que esta problemática afecta a 754 pacientes, a maioría con máis de 65 anos.

Na despedida o rexedor comunicoulle á nova Delegada que existe a máxima disposición de colaboración entre a Institución do Concello e a Institución da Xunta de Galicia.

compartir

axenda