NovasIr a esta sección

O Alcalde reitera por 3ª vez diante da Xerencia do SERGAS a cobertura do médico do Centro de Valeixe e a praza de pediatra no PAC da Cañiza
Data de publicación: 20 de maio de 2020

ADEMÁIS SOLICITA AO SERGAS A COBERTURA DA PRAZA DE PEDIATRA DO CENTRO DE SAÚDE DA CAÑIZA, SIN SUBSTITUTO DENDE O MES DE FEBREIRO POR XUBILACIÓN DO FACULTATIVO.

O pasado 9 de xullo o Alcalde da Cañiza, Luis Piña, remitiu á Xerencia do Servizo Galego de Saúde, un escrito oficial  no que expoñía a problemática xurdida pola carencia de médico no centro de Valeixe que afectaba a 754 pacientes. Nese momento supliuse a baixa atendendo aos veciños nas tardes dos martes e xoves no PAC da Cañiza. Daquela a medida supuxo un grave inconveniente para os pacientes, na maioría maiores de 65 anos, sen disponibilidade de transporte, tendo que acudir ao servizo de taxis.

Días despois, o Xerente da Área Sanitaria de Vigo responde contestando que polo de agora non había substituto. En consecuencia o 4 de decembro o Alcalde reitera a mesma petición en escrito con NRS 474 na que fai referencia aos compromisos acadados na reunión mantida o 21 de novembro no PAC da Cañiza. Nesta reunión acordouse que esta praza se cubriría á maior brevidade. Sen embargo en data 26 de decembro na Alcaldía recibese un novo escrito que comunica que o SERGAS está nunha situación de ausencia de substitutos en toda Galicia e en particular na área sanitaria de Vigo.

Movidos pola ausencia de compromiso, o 11 de xaneiro máis de 400 veciños da plataforma “Médico para Valeixe Xa” da Cañiza saíron á rúa, apoiados polo Concello, para reclamar en manifestación a cobertura da praza. Esta vacante segue na mesma situación pola ausencia de  substitutos no área sanitaria de Vigo.

11 meses despois da primeira reclamación, esta praza segue sen cubrirse

A día de hoxe, sen ter información alguna por parte do Sergas, o Alcalde solicitou diante da Xerencia e do EOXI de Vigo, que se retome este expediente xa que a crise provocada pola Pandemia do COVID-19, fai máis necesario ca nunca un médico neste centro que conta con 754 cartillas, afectados dos concellos da Cañiza, Crecente e de Arbo, dos que 164 son usuarios das dúas residencias de maiores da Cañiza, colectivo especialmente vulnerable nestes momentos de crise sanitaria na que as labores de prevención son vitais.

Por outra banda, dende o mes de febreiro deste ano, está sen cobertura a praza de pediatría no Centro de Saúde da Cañiza, afectando a outro colectivo vulnerable como son os nosos pequenos, polo que dende a Alcaldía solicitouse tamén ao SERGAS que de xeito inmediato proceda á cobertura desta praza.

Ademáis aproveitando, tal e como ven informando a Xunta de Galicia, que na actualidade  baixou a presión sobre o sistema sanitario galego respecto ao incremento de casos polo virus COVID-19, se pode perfectamente redistribuir o persoal sanitario e cubrir as prazas demandadas na Cañiza.

compartir

axenda