NovasIr a esta sección

O Alcalde terá que representar ao Concello en 12 xuízos nos Xulgados do Social de Vigo por denuncias de traballadores
Data de publicación: 03 de novembro de 2020
Todas as denuncias proceden do mandato do anterior goberno do PP, pero se resolven agora, tendo que defender os intereses do Concello diante do Xulgado o Alcalde Luis Piña, asumindo o gasto por asistencia xurídica e nomeamento de abogados de procedementos que non lle corresponden. 

OS  SEIS  XULGADOS DO SOCIAL DE VIGO ADMITEN A TRÁMITE AS DENUNCIAS DE 12 TRABALLADORES RELACIONADOS LABORALMENTE CO CONCELLO E QUE RECLAMAN CATEGORIAS PROFESIONAIS, INDEFINIDADE E  DESPIDOS OU CESES.

 

  1. Hoxe o Alcalde asistiu en representación do Concello ao xuízo celebrado no Xulgado do Social nº 4 de Vigo,  iniciado a instancia do anterior cargo de confianza política do ex Alcalde. Na súa defensa mantén que no pasado exercía como encargado de obras e por este feito tería que pasar á plantilla de laborais indefinidos, cando era de coñecemento xeral que era un cargo directo designado polo ex rexedor por confianza política.

Son 12 os expedientes abertos polos 6 Xulgados do Social de Vigo, nos que traballadores que tiveron e teñen algún tipo de relación profesional co Concello denuncian a situación laboral na que estaban traballando. 8 traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar e unha traballadora asignada a instalacións deportivas que reclaman a indefinidade; 1 auxiliar de protección civil de baixa de longa duración que non se volveu a incorporar á plantilla de persoal laboral; un autónomo que reclama pasar á plantilla de laboráis indefinidos e a persoa de designación política do anterior Alcalde que considera que debe integrarse na plantilla de persoal laboral por ter feito labores de encargado de obras, segundo a súa testemuña.

Todos estes procesos derivan do anterior mandato, pero é agora cando se están tramitando co coste que supón para o Concello e para os cañicenses ter que ir ao Xulgado para afrontar estas denuncias. Ata o momento 5.808,00€ gastados na asistencia letrada a 3 das 12 comparecencias.

Hoxe o Alcalde Luis Piña, en representación do Concello, asistiu ao xuízo promovido pola persoa de confianza do anterior rexedor municipal, quen amparándose no feito de que tiña que desempeñar as labores de encargado de obras, considera  esta circunstancia suficiente para xerar o dereito de formar parte da plantilla de laboráis indefinidos.

compartir

axenda