NovasIr a esta sección

O Alcalde visita as obras de acondicionamento do sendeiro do Río Ribadil da Rede Natura ao seu paso polo Couto
Data de publicación: 16 de febreiro de 2021

Estas obras, a piques de rematar, responden á aposta medioambiental do Goberno Local para activar e por en valor o noso patrimonio paisaxístico.

 

  • UNHAS OBRAS DE RECUPERACIÓN QUE INCLÚEN A CONSTRUCCIÓN DE REFUXIOS DE MADEIRA CON MAPAS INFORMATIVOS, PANEIS INTERPRETATIVOS AO LONGO DA RUTA, MARCAS DE PINTURA, SINAIS E BALIZAS QUE PERMITEN CONTINUAR O PERCORRIDO, ADEMÁIS DA HOMOLOGACIÓN DO SENDEIRO DIANTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA.

 

  • TAMÉN INCLÚE O ROCE E DESBROCE EN TODO O SENDEIRO, SUBVENCIONADA  ESTA ÚLTIMA ACTUACIÓN CON 12.688,97€ POLA DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO NATURAL DA XUNTA DE GALICIA.

 

Un dos maiores activos turísticos da Cañiza é a súa diversidade paisaxística, por iso dende a alcaldía se está facendo un  importante esforzo por manter en bo estado ésta e outras rutas paisaxísticas.

O sendeiro do rio Ribadil está incluido dentro da rede natura 2000 en 2 km de lonxitude, un espazo natural protexido de alto valor ecolóxico a nivel europeo polas especies e hábitats que conviven nesta zona única.

 

O mantemento da rede de sendeiros na Cañiza implica un traballo de desbroce e roza constante debido a abundante vexetación que nos rodea. Precisamente éste é tamén un dos atractivos que definen á nosa zona, por iso dende a Alcaldía se aposta por fortalecer e potenciar este tipo de turismo desestacionalizado, dando a coñecer os espazos e animando aos visitantes a percorrer os  nosos sendeiros, como é o caso da Ruta do Río Ribadil .

Para poder executar os traballos de desbroce neste sendeiro, a Alcaldía solicitou diante da Consellería de Medio Ambiente da Xunta unha subvención por importe de 19.872,47 euros máis iva, correspondente ao 100 % do orzamento da obra, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O proxecto solo foi subvencionado con 12.688,97 euros porque non foron admitidos a adquisición e colocación de paneis interpretarivos, a edición de Guías e o proxecto de homologación do sendeiro.

Este proxecto permitiu crear un sendeiro homologado pola Federación Galega de Montaña, acondicionar a ruta de sendeirismo existente e  favorecer a interpretación do espazo Rede Natura Baixo Miño xa que a ruta carecía de sinalización.

compartir

axenda