NovasIr a esta sección

O Alcalde visitou esta mañá as obras de recuperación do lavadoiro da Costa da Abilleira en Luneda
Data de publicación: 10 de xullo de 2020

Dende a alcaldía reclamouselle á empresa adxudicataria para que finalizara os traballos de rehabilitacion iniciados en 2018 co anterior goberno do PP.

Este expediente iniciado no ano 2018 contemplaba a restauración e posta en valor do Lavadoiro de Costa da Abilleira na parroquia de Luneda por un importe de 16.667,02 €.  Foi subvencionada pola Deputación de Pontevedra con 9.260,44€ dentro do Plan de axudas a Concellos de menos de 50.000 habitantes para rehabilitar e sinalizar o Patrimonio Histórico Cultural da Provincia.
 
As obras consistiron na rehabilitación íntegral do lavadoiro e o acondicionamento do seu entorno por estar emplazado nunha zona que nos meses de inverno se asolaga con gran facilidade. 
 
Sin embargo e despois de varias inspeccións as obras continuaban sen axustarse ao proxecto inicial subvencionado polo que o Alcalde requeriu á empresa para que executara os traballos pendentes e resolvera as deficiencias observadas.
 
A día de hoxe a factura de obra está sen abonar ata que se certifique que as obras están totalmente rematadas.
 
compartir

axenda