NovasIr a esta sección

O Concello anuncia a exposición das BASES do Programa de Vivendas Baleiras
Data de publicación: 27 de xullo de 2020

As Bases regulan no Título I a Incorporación de Vivendas Libres ao Programa e no Título II as condicións para o acceso a ditas vivendas.

 

Todos aqueles interesados en ampliar esta información, poden consultar as Bases aprobadas por Resolución de Alcaldía o 17 de xullo,  nas  oficinas xerais da Casa Consistorial, ou no taboleiro de anuncios da Sede Eléctrónica da web municipal, https://caniza.sedelectronica.es/info.2 e no enlace http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/861.

Estas bases regulan os aspectos materiais, persoais e procedimentais do Programa de Vivendas Baleiras, segundo o Convenio suscrito entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia e a FEGAMP no ámbito do Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Mellora do Acceso á Vivenda 2015-2020.

O Concello asinou o acordo de adhesión a este Convenio o 01/08/2019 e aprobou a Comisión de Desenvolvemento do Convenio o 10/10/2019.

As Bases permanecerán expostas ao público durante todo o tempo que dure o programa no IGVS.

compartir

axenda