NovasIr a esta sección

O CONCELLO APOSTA POLO TURISMO ACTIVO
Data de publicación: 24 de xullo de 2020

aproveitando o altísimo potencial paisaxístico da nosa contorna, invertindo case 30.000 €uros no acondicionamento, sinalización, homologación e promoción de rutas de sendeirismo. Un plan financiado ao 100% polo Plan Concellos da Deputación.

 

Unha destas rutas habilitarase na parroquia de Luneda, cun percorrido circular de máis de 13km de ascenso pola regueira do Aceval ata o alto da Paradanta.

  • Esta actuación forma parte dun proxecto no que tamén están incluidos os sendeiros de Fontefría e de Petán, cunha inversión de 29.866,12 €, financiado a través das axudas para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos do Plan Concellos da Deputación.

 

  • Todo co fin de promover, activar e desestacionalizar os nosos potenciais naturais, en beneficio da nosa economía.

 

  • Con estas tres iniciativas e xunto co Sendeiro do Río Ribadil, pertencente ao Espazo Natural Rede Natura 2000 e a ruta PR-G 165 Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva (de titularidade da CMMC de Parada) , o Concello da Cañiza completa a súa REDE DE SENDEIROS, axeitada a  unha zona de tan alto valor ecolóxico e natural.

 

  • Segundo manifesta o Alcalde Luis Piña “ temos que aproveitar” o noso altísimo potencial paisaxístico e o noso patrimonio e acervos culturais que xunto cos saudables aires das montañas do Pedroso e Paradanta nos sitúan como un dos mellores emprazamentos para disfrutar desta actividade, que ademáis, continúa explicando o Alcalde, casa perfectamente coa nosa excelente oferta gastronómica e vitivinícola”.

 

A ruta de Luneda, cun percorrido circular de 13,17 km é a máis longa dos tres sendeiros. Parte da parroquia de Luneda, no lugar de San Roque e ascende pola beira do regato Aceval cara os Montes da Paradanta. O sendeiro percorre camiños tradicionais e pistas forestais, visitando numerosos miradoiros naturais nos altos da Paradanta, unha das zonas da Cañiza con máis valor paisaxístico e cultural.

O proxecto abarca o desenvolvemento dun completo traballo de campo, con informes específicos do sendeiro, indicadores das actuacións de mantemento necesarias durante o ano, sinalización da ruta seguindo a normativa da Federación Galega de Montañismo, instalación de paneis interpretativos que axuden a divulgación dos valores do entorno,  deseño e impresión dunha guía de sendeirismo,  creación de contidos dixitais para o seu emprego na páxina web do Concello e na plataforma Wikiloc e a súa homologación diante da Federación Galega de Montaña. A ruta contará tamén co seu arquivo para GPS, descrición, fotografías, perfís lonxitudinais e datos de interese.

 

compartir

axenda