NovasIr a esta sección

O Concello conta cun novo servizo de Orientación Laboral
Data de publicación: 21 de novembro de 2017

Este novo servizo atenderá nas oficinas xerais do Concello de A Cañiza con  CITA PREVIA que poderá solicitarse a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, chamando ao teléfono 886216724 ou mandando un e-mail  a mariseorientacion@caniza.org.

·       Enmarcado dentro das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia para fomentar a creación de emprego de calidade.

·       Orientado aos veciños dos concellos de A Cañiza, Crecente e Arbo.

Este novo servizo de Orientación Laboral enmarcase dentro das políticas activas de emprego para fomentar a creación de emprego de calidade, incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, prestando especial atención aos colectivos con especiais dificultades de inserción, no marco do respectivo plan anual de política de emprego (PAPE).

Dentro das finalidades do servizo de orientación laboral está tamén a mellora da empregabilidade e a cualificación das persoas desempregadas, mediante a información, o asesoramento individual  e  o acompañamento nos procesos de acceso a cambios laboráis.

 

Plan de Traballo do servizo de orientación laboral:

Elaboración de diagnoses individualizados, traballando o perfil profesional da persoa demandante do servizo.

Facilitar e potenciar o desenvolvemento profesional, das competencias e das habilidades das persoas demandantes de emprego.

Apoiar @s traballador@s desempregad@s no seu proceso de inserción laboral, motivándoos e asesorándoos ante as dificultades de acceso ao Mercado de Traballo.

Ofrecer unha resposta real a situación actual do Mercado Laboral e traballar os novos xacimentos de Emprego e/ou aquelas profesións máis demandadas actualmente.

Implicar o demandante no seu proceso de busca de Emprego a través da motivación e do reforzo.

Informar no só sobre as opción laborais e formativas senón tamén, sobre as diferentes maneiras de acceder a elas.

Traballar no perfil profesional de cada usuario, destacando aquelas habilidades e competencias máis demandadas polas empresas.

Apoiar o Emprego das novas tecnoloxías na busca de Emprego, así como a utilización das Redes Sociais como unha nova oportunidade para acceder o mundo laboral.

Traballar o obxectivo profesional de cada usuario: realizando un coñecemento de sí mesmo, coñecemento do mercado laboral, establecer unha definición clara dos obxectivos, dispoñibilidade, ámbito xeográfico, …

Que a persoa recoñeza as diferentes ferramentas, recursos e vías de acceso disponibles para a busca de Emprego.

Traballar a motivación, confianza en sí mesmo, expectativas, autoestima,..

Este servizo ofrécese dende a casa consistorial de A Cañiza, no primeiro andar de 9 a 14h da mañá de luns a venres.

CITA PREVIA, a través do Servizo Público de Emprego de Galicia e/ou chamando o teléfono  886216724 e/ou mandando un correo electrónico a mariseorientacion@caniza.org.

compartir

axenda