NovasIr a esta sección

O Concello desactiva no que vai de ano 400 niños de Vespa Velutina
Data de publicación: 25 de outubro de 2017

 coa aplicación do Plan Municipal de contención

Desde o ano 2013 A Cañiza rexistrou máis de 1000 avisos

A Cañiza é un dos 100 concellos galegos afectados pola presenza deste insecto invasor, por iso desde que se detectou a presenza de colonias no noso Municipio no ano 2013, o Concello solicitou á Xunta a dotación de medios para o equipo de emerxencias  e formación para combater a súa presenza.

 

Esta especie, estendida en Galicia, Pais Vasco, Cantabria e Asturias prolifera tamén na Cañiza, sobre todo nas zonas máis cálidas e onde atopa maior grao de humidade. Valeixe é unha das parroquias máis afectadas pola avispa asiática, aínda que non a única. Os niños adoitan proliferan nas zonas próximas aos ríos, regatos e muíños. O Concello recibe ao redor de 10 avisos por semana dos veciños que preocupados colaboran intensamente co Plan Municipal informando sobre as localizacións dos niños.

A Cañiza é un dos 100 concellos galegos afectados pola presenza deste insecto invasor, por iso desde que se detectou a presenza de colonias no noso Municipio no ano 2013, o Concello solicitou á Xunta a dotación de medios para o equipo de emerxencias (equipos de protección individual para desactivar niños, pértegas, trampas e botes de líquido atraintes)  e formación para combater a súa presenza.

A colaboración dos veciños é esencial para combater a “Vespa Velutina” e non só para informar da existencia dos niños senón tamén para evitar que estes predadores proliferen sobre todo antes de que "as raíñas se activen e empecen a construír a colmea, entre abril e maio, para poñer os ovos".  A eliminación da raíña evita a produción de novas raíñas e a formación de niños, que poden albergar ata 2.000 individuos.

O Plan Municipal de Contención actívase ao recibir unha notificación veciñal. O equipo de emerxencias desprázase ata a localización para avaliar a situación e altura do niño. Non se poden actuar en todos os avisos porque a altura dos niños en moitos casos imposibilita acceder aos mesmos aínda utilizando os guindastres municipais.

En A Cañiza se fumigan os niños pero non se retiran da árbore, simplemente márcase o tronco con spray para saber que se actuou neles. Ao deixar os niños na súa orixe, as avispas que volven de pastorear métense dentro e morren envelenadas, pola contra sobreviven e constrúen outro. Por iso é conveniente deixalos. 

Para inocular o veleno nos niños  é imprescindible o uso dunha pértega de 20 metros e, nos casos máis extremos, emprégase o guindastre municipal.

A técnica de desisectación  consiste en picar o niño cunha pértega que finaliza en forma de lanza e que, ademais, leva encostada un pequeno tubo polo que se inxecta o insecticida unha vez perforado o niño.

Noutros casos é necesario retirar o niño.

A prioridade do Plan de Contención é actuar sempre nas zonas habitadas.

 

A” VESPA VELUTINA”

A Vespa velutina chegou no ano 2004 de maneira accidental a Francia procedente de China e avanza un 100 km/ano, detectándose por vez primeira en España en 2010 e concretamente en Galicia en 2013.

Para erradicala é  fundamental a localización precoz e a fumigación dos niños, pois se evita a dispersión dos insectos e a instalación doutros.

En 2016 retiráronse en Galicia máis de 10.200 niños de Vespa Velutina -comunmente coñecida como avispa asiática- e rexistráronse uns 20.900 avisos pola presenza desta especie. Son datos que achegou a principios de 2017 a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, na inauguración dunha das moitas  xornadas formativas sobre o control deste insecto que organiza a Xunta.

 

compartir

axenda