NovasIr a esta sección

O CONCELLO ESTREA NOVO TRACTOR DESBROZADOR
Data de publicación: 22 de decembro de 2017

Miguel Domínguez recepcionou onte o novo vehículo que permitirá reforzar e mellorar o servizo de mantemento e limpeza de maleza no noso rural.
Grazas ao Convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello de A Cañiza.

O Concello cumpría as condicións esixidas para ser beneficiario deste Convenio, SENDO O UNICO CONCELLO DE TODA A COMARCA CONDADO – PARADANTA QUE DE FORMA ININTERROMPIDA MANTÉN TODOS Os ANOS A BRIGADA ANTI INCENDIOS.

O Convenio ten como obxectivo incentivar e fomentar o mantemento e limpeza da maleza nas infraestruturas rurais, leiras e redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.

Este tractor desbrozador conta con apeiros totalmente desmontables, que lle permitirá utilizar o vehículo para traballos de prevención, defensa e extinción de incendios forestais.

 

compartir

axenda