NovasIr a esta sección

O Concello publica toda a información relativa ao material de protección doado polas institucións e comprado con fondos propios na loita contra o COVID-19
Data de publicación: 28 de maio de 2020

CRISE SANITARIA PRODUCIDA POLO COVID 19

O CONCELLO DA CAÑIZA FAI PÚBLICA A RELACIÓN DE MATERIAL DE PROTECCIÓN (EPIS) RECIBIDA DA XUNTA DE GALICIA E DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O MATERIAL QUE ESTAS DÚAS INSTITUCIÓNS RECIBIRON DO GOBERNO DE ESPAÑA.

 

O Goberno de España remitiu á Xunta de Galicia o seguinte material de protección (EPIS):

  • 3.297.224 máscaras
  • 1.462.707 luvas de nitrito
  • 19.102 buzos
  • 9.538 solucións hidroalcohólicas
  • 9.286 batas
  • 6.942 gafas de protección
  • 30.744 delantais, cubremangas, gorros, calzas e outros
  • 18.100 Kits de extracción
  • 211.200 Kits de diagnóstico rápido
  • 28.264 Kits PCR
  • 158 Dispositivos Ventilación Mecánica Invasiva
  • 105 Ventiladores no invasivos
  • 1.000 Torundas

A Xunta entregou ao Concello da Cañiza, en 9 envíos, o último recibido este 27 de maio, a seguinte relación de EPIS para ser utilizado polos operarios do Concello durante a pandemia do Covid-19:

  • 2.550 máscaras
  • 3.290 luvas de nitrito
  • 26 unidades xel hidroalcohólico
  • 34 unidades de lixivia
  • 58 traxes antisalpicadura
  • 15 pantallas faciais
  • 20 batas doadas por Inditex

O Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias, achegaron á Deputación de Pontevedra un total de 57.000 unidades de máscaras para que se repartiran entre os Concellos da Provincia de menos de 20.000 habitantes.

O Concello da Cañiza recibiu 1300 máscaras da Deputación para a protección dos veciños, que serán repartidas nestes días a todos os comercios do Municipio que, á súa vez, os repartirán entre os seus clientes.

Dende o inicio da pandemia, unha das labores máis importantes desenvolvidas polo servizo de emerxencias  do Concello, foi a de desinfectar co vehículo motobomba as beirarrúas e accesos aos establecementos comerciais, paradas de taxi, autobuses e praza de abastos. Para desenvolver esta tarefa o Concello adquiriu con fondos propios aos proveedores locais 650 litros de livixia e 8 litros de hipoclorito sódico. Cifras a día de hoxe.

O Concello tamén adquiriu 650 luvas de nitrito, 650 máscaras e 28 litros de xel hidroalcohólico con destino aos servizos municipais de emerxencia como o SAF. 

Por outra banda, o Centro Galego de Robótica Educativa de Galicia, con sede na Cañiza, donou ao Concello máis de 600 pantallas de protección facial que se están distribuindo entre os empregados municipais, comercios, establecementos e empresas da Cañiza.

 

compartir

axenda