Centro con sede na Cañiza. Estas pantallas homologadas están fabricadas con impresoras 3D. Colaboran veciños e institucións da Cañiza con materiais como pegamento, cinta elástica e impresoras 3D.
O Concello da Cañiza fará entrega das pantallas aos traballadores e traballadoras con maior risco na Cañiza
servizo de axuda a domicilio, recollida de lixo, forzas de seguridade, persoal do Centro médico, ambulancias, traballadores de residencias, etc…
O centro doante, CGRE, dedícase á formación en robótica e deseño 3D, deseño de impresoras 3D e robots educativos e é provedor de profesorado universitario e outros colectivos.
O alcalde, Luis Piña, agradece a doazón do Centro de Robótica así como as colaboracións na súa fabricacion.
Na foto o xerente, Luís do Rio, fai entrega das pantallas ao Alcalde.