NovasIr a esta sección

O Concello reforma o taller e amplía a cuberta do parque de maquinaria
Data de publicación: 26 de febreiro de 2018

Aproveita tamén para urbanizar a parcela, executando unha beirarrúa en todo o frontal para mellorar a seguranza dos usuarios da vía e en particular dos peatóns.

Tamén rehabilita a antigua base da Cruz Vermella.

O deterioro polo uso e o paso do tempo do taller, da edificación anexa e máis do peche do recinto así como a existencia de novas necesidades, foron determinantes para executar estas actuacións de cara a garantir sobre todo a prestación duns servizos de calidade.

A nave municipal, unha edificación de 208 m2  que se usa como taller e que conta cun pequeno molle de carga adousado de 118 m2, requería dunha reforma inmediata, sobre todo da cuberta,  xa que despois de 30 anos deixou de cumprir a súa función ao permitir abundantes filtracións de augas. Para iso substituiuse a totalidade da cuberta, deseñada inicialmente en dentes de serra e composta por placas de fibrocemento, retirando e rediseñando toda a estructura pasando a construir unha cuberta a dúas augas, máis sinxela, moderna e funcional.

Aproveitouse tamén para ampliar o molle de carga e parte do recinto permitindo acoller o acopio de material de obra e a maquinaria municipal (retroexcavadora, perfiladora, asfaltadora, tractores desbrozadores...) que ata agora quedaban sometidas ás inclemencias do tempo.

A nave serve de base á brigada municipal de obras e mantemento de vías municipais, parques e xardíns e limpeza viaria.

Tamén se acometeu a urbanización integral da parcela, construindo una beirarrúa de 2 m de ancho, paralela á cuneta así como un novo pechamento perimetral co obxectivo de acadar unha mellor adecuación do entorno.

Fora do recinto pero na mesma parcela, o Concello conta con outra edificación de planta baixa de 100 m2, coñecida como a casa da Cruz Vermella que serviu durante anos como base para as ambulancias e ata hai pouco como base central das brigadas de defensa contra os incendios forestáis. Actualmente non tiña un uso definido e se utilizaba como zona de almacenamento sen control. Hoxe, despois da rehabilitación, está destinada ao acopio ordenado do material máis sensible das brigadas municipais,

Todas estas melloras garantirán unha maior protección ao material e maquinaria do Concello.

compartir

axenda